Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14166

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de abril de 2016 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola Orde da Consellería de Facenda do 18 de maio de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 95, do 22 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas

Tribunal titular:

Presidencia:

– José Miguel Rey Lama, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Secretaría:

– Pablo Benigno Villarquide Vega, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Vogais:

– Roberto José Castelo Feliú, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

– Santiago Valencia Vila, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

– Fernando Ruiz Lamas, profesor titular da Área de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade da Coruña.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Silvia Alfaya Portela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Secretaría:

– Ana Fonte Bouza, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Vogais:

– Manuel Vidal Martín, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Sabela Carballo Marcote, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

– Luz Gómez Rodríguez, profesora titular da Área de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade da Coruña.