Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14164

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de abril de 2016 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (promoción interna)

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Alfonso García Magariños, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Secretaría:

– Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– José Antonio Grandas Arias, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

– Elena Barba Pan, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Luis Míguez Macho, profesor titular da Área de Dereito administrativo na Universidade de Santiago de Compostela.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Mónica Martínez Otero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Olimpia López Rodríguez, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Comunidade Autónoma de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Vogais:

– Silvia Alfaya Portela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de finanzas.

– Zeltia Lado Lago, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Juan José Nieto Montero, profesor titular da Área de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Santiago de Compostela.