Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16043

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2016 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio.

A aprobación da modificación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio xustifícase polas necesidades derivadas do procedemento de integración do persoal fixo do organismo.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública, segundo acordo da Comisión de Integración, prevista no artigo 3 da Orde do 16 de xaneiro de 2015, pola que se inicia o procedemento de integración, como persoal laboral da Xunta de Galicia, do persoal laboral fixo procedente da Sociedade Anónima de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco), integrado no Instituto de Estudos do Territorio (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e unha vez consultada a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 21 de abril de 2016, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de abril de 2016, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file