Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16636

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de abril de 2016 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

De conformidade co establecido no Decreto 34/2015, do 5 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 10 de marzo), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (en diante LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir catro (4) prazas do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, polos sistemas de promoción interna e acceso libre. O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ao sistema de promoción interna ascende a unha (1) praza.

O número total de vacantes reservadas ao sistema de acceso libre ascende a tres (3).

Se as prazas reservadas ao sistema de promoción interna non se cubriren, acumularanse ás do sistema de acceso libre.

I.1.2. Os/as aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas. Se da instancia que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídos/as nas listas provisionais que se publiquen. De non emendaren o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Se for o caso, as aclaracións ou correccións respecto ao cambio de quenda deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de admitidos.

I.1.3. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante TRLEBEP), a LEPG, o capítulo VIII do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos/das candidatos/as.

Para seren admitidos/as ao proceso selectivo os/as aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionarios/as de carreira, os seguintes requisitos:

I.2.1. Para promoción interna.

I.2.1.1. Idade: non superar a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título universitario de licenciado ou grao en dereito.

Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se for o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e pertencer ao corpo superior ou ao corpo facultativo superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, ou ao corpo de xestión ou ao corpo facultativo de grao medio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e ter prestado servizos efectivos como funcionario nun dos ditos corpos durante polo menos dous anos, computados desde o ingreso ou desde a integración naquel. Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de familiares (artigo 167 e 176 da LEPG).

I.2.1.4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2. Para acceso libre.

I.2.2.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/es.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario de licenciado ou grao en dereito.

Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se for o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.3 Non poderán participar no proceso selectivo as persoas que xa pertencen á respectiva escala de funcionarios obxecto desta convocatoria.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

1) Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal , seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico.

Logo de premer a modalidade de solicitude elixida, as/os solicitantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As/os aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, a que se refire a base I.1.2, deberán indicalo expresamente na solicitude e especificar o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Estes aspirantes poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo isto conforme o contido na LEPG, no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, e no Decreto 154/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Os/as solicitantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

2) Forma de aboar as taxas:

Unha vez confirmada a alta da solicitude, a/o solicitante, segundo estea ou non nos supostos previstos, deberá seguir os seguintes pasos:

• Exenta/o de pagamento: de acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentos do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Unha vez elixida esta opción, a/o solicitante poderá imprimir a solicitude cuberta e deberá presentar, antes do remate do prazo fixado, orixinal ou copia debidamente compulsada dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

Discapacitados:

– Certificado de discapacidade.

Familia numerosa ordinaria ou especial:

– Certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

– Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses antes da data da convocatoria.

– Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

A dita documentación deberá ser presentada nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC).

Nestes supostos, considerarase como data válida a de presentación dentro do prazo da documentación sinalada para acreditar a exención do pagamento.

• Non exenta/o de pagamento: a/o solicitante poderá realizar o pagamento dun dos seguintes xeitos:

Pagamento presencial:

– Deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Pagamento electrónico:

Sen certificado dixital:

– Deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Con certificado dixital:

– Poderá realizar o pagamento con cargo á conta do/a titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Tanto no caso do pagamento presencial como no caso do pagamento electrónico, considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, sen que sexa necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC.

Para a devolución da taxa aboada os/as solicitantes deberán figurar como excluídos/as nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola que se aproben.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as/os solicitantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no número 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas, de luns a venres e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a/o titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de aspirantes admitidas/os e excluídas/os a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, das causas das exclusións que procedan e do lugar en que se atoparán expostas.

I.4.2. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de aspirantes admitidas/os e excluídas/os. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O feito de figuraren na relación de admitidos/as non prexulgará que se recoñeza aos/ás aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se deduza que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

O programa que rexerá nas probas selectivas é o que figura como anexo I desta orde.

O proceso selectivo constará de cinco exercicios obrigatorios e con eficacia eliminatoria:

– Dous orais de carácter teórico.

– Dúas probas escritas de tipo práctico.

– Unha proba para acreditar a competencia en lingua galega.

Ademais, de acordo co disposto no artigo 54.3 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, os aspirantes, con carácter voluntario e non eliminatorio, poderán presentarse a un exercicio de lectura e tradución de linguas estranxeiras. Para estes efectos, e no prazo dos dez (10) días hábiles seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da listaxe definitiva de admitidos e excluídos, os interesados que desexen realizar este exercicio deberán comunicar á Dirección Xeral da Función Pública a súa escolla de idioma.

Para a exención prevista no terceiro exercicio, os/as aspirantes deberán presentar no prazo dos dez días hábiles seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia da listaxe definitiva de admitidos e excluídos, o documento xustificativo (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estar en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Esta documentación deberá presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II.1. Exercicios.

II.1.1. Primeiro exercicio: consistirá en expoñer oralmente dous temas de dereito civil; un de dereito hipotecario; un de dereito mercantil; dous de dereito procesual, un da primeira parte (temas 1 ao 30) e outro da segunda parte (temas 31 ao 55); e, por último, un de dereito laboral, sanitario e da seguridade social.

Os temas serán designados ao azar e expoñeranse na orde indicada. O tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco (5) minutos.

Para preparar a exposición oral dos temas concederase ao/á opositor/a un tempo de dez (10) minutos.

Unha vez comezada a exposición, o tempo máximo de duración será de setenta (70) minutos.

Cada un dos temas cualificarase de 0 a 5 puntos, e para superar o exercicio será necesario obter en cada un dos temas una cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. O opositor que non alcance una cualificación superior á metade da puntuación máxima total, nos termos previstos na base II.2.7, quedará eliminado da oposición.

Se en calquera momento da exposición dos temas o tribunal, consultado para tal efecto polo/a seu/súa presidente/a e por decisión unánime dos seus membros, apreciar unha manifesta deficiencia de contido, invitará o/a opositor/a a retirarse, indicándolle o motivo, e dará por concluído o exercicio, deixando constancia na acta da sesión correspondente.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización non será anterior ao 15 de outubro de 2016.

II.1.2. Segundo exercicio: proba voluntaria de lingua estranxeira.

O segundo exercicio consistirá na realización dunha proba de idioma, de carácter voluntario e non eliminatorio.

Esta proba será no idioma comunitario elixido polo/a aspirante. Consistirá nunha lectura ante o tribunal dun texto orixinal, así como na tradución deste. Para tal efecto o tribunal designará o texto sobre o cal se practicará a proba.

Para a verificación deste exercicio o tribunal poderá ser asistido polos asesores/as especialistas que designe.

O tempo máximo de duración será de trinta (30) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 6 puntos. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa puntuación que ao seu parecer merece, nos termos previstos na base II.2.7.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.3. Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa cualificación que ao seu parecer merece.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.4. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer oralmente dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un do 1 ao 28 e outro do 29 ao 43; dous temas de dereito administrativo, un da parte xeral (temas 1 ao 32) e outro da parte específica (temas 33 ao 64); dous de facenda pública, un da primeira parte (temas 1 ao 19) e outro da segunda parte (temas 20 ao 32); e un de dereito penal.

Os temas serán designados ao azar e expoñeranse pola orde indicada. O tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco (5) minutos.

Para preparar a exposición oral dos temas concederase ao/á opositor/a un tempo de dez (10) minutos.

Unha vez comezada a exposición, o tempo máximo de duración será de setenta (70) minutos.

Cada un dos temas cualificarase de 0 a 5 puntos, e para superar o exercicio será necesario obter en cada un dos temas unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. O opositor que non alcance una cualificación superior á metade da puntuación máxima total, nos termos previstos na base II.2.7, quedará eliminado da oposición.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde a finalización do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.5. Quinto exercicio, de carácter práctico e escrito: consistirá en realizar algunha actuación escrita sobre un asunto xudicial en que sexa parte a Administración autonómica. Para o seu desenvolvemento, os/as aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais.

O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.

Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal, que o cualificará valorando os coñecementos, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición. No desenvolvemento da lectura o tribunal poderá realizar preguntas ao/á aspirante en relación co seu exercicio.

Cada membro do tribunal disporá de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 35 puntos, e para superalo será necesario obter unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa puntuación que ao seu parecer merece, nos termos previstos na base II.2.7.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde a finalización do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.6. Sexto exercicio, de carácter práctico e escrito, consistirá en informar por escrito sobre algún asunto xurídico en que estea interesada a Administración autonómica. Para o seu desenvolvemento, os/as aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais.

O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.

Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal, que o cualificará valorando os coñecementos, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición. No desenvolvemento da lectura o tribunal poderá realizar preguntas ao aspirante en relación co seu exercicio.

Cada membro do tribunal disporá de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 35 puntos, e para superalo será necesario obter unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa puntuación que ao seu parecer merece, nos termos previstos na base II.2.7.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde a finalización do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.2.1. A orde de actuación das/dos opositoras/es iniciarase alfabeticamente pola/o primeira/o da letra «S», de conformidade co establecido na Resolución do 29 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 28, do 11 de febreiro) pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución do 13 de xaneiro de 2015 da Consellería de Facenda (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 2015.

II.2.2. Os/as aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

II.2.3. Os exercicios escritos realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos/das aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradores.

II.2.4. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que os/as aspirantes que non comparezan serán excluídos/as.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as dúas medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso ningún, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal , con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio

II.2.7. A cualificación de cada exercicio realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, excluíndo as dúas papeletas que conteñan as puntuacións máxima e mínima, sen que en ningún caso poidan ser excluídas máis de unha máxima e unha mínima; sumaranse os puntos consignados en todas as restantes e o total dividirase polo número de papeletas computadas. O cociente obtido constituirá a cualificación.

O/a opositor/a que en calquera exercicio non alcance unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible quedará definitivamente eliminado da oposición.

II.2.8. As cualificacións dos exercicios faranse públicas, no caso dos exercicios teóricos, ao final de cada sesión. Nos exercicios prácticos e nos de idiomas publicaranse conxuntamente, despois de finalizar cada un dos ditos exercicios, e o tribunal poderá utilizar para deliberar o tempo que sexa necesario.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal . Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións.

II.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento ou dúbidas fundadas de que algún/algunha aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarao á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que o/a aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo e o órgano convocante publicará a orde que corresponda.

II.3. A orde de prelación dos/das aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se o tribunal propuxer o nomeamento de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas e se produciren renuncias dos/das seleccionados/as antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirirlle unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas para o seu posible nomeamento como funcionarios/as de carreira. Para estes efectos terán a mesma consideración que as renuncias os supostos dos/das aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poden ser nomeados/as funcionarios/as.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por orde da consellería competente en materia de función pública e a súa composición será a determinada polo artigo 55 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, e demais normativa vixente, tendo en conta o previsto polo artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

III.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da LRX-PAC ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

O/a presidente/a deberá solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, ás/aos asesores/as especialistas previstos na base II.1.2. e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 29 da LRX-PAC.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a orde correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Tal constitución entenderase válida coa presenza da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso do/a presidente/a e do/a secretario/a.

Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso do/a presidente/a e do/a secretario/a.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na LRX-PAC, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do/a secretario/a e o visto e prace do/a presidente/a.

III.8. O/A presidente/a do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo, agás aqueles en que estea prevista a lectura pública ou a exposición oral, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/das aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas/es candidatos/as en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do/da opositor/a, agás nos referidos supostos en que estea prevista a lectura pública ou a exposición oral.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as valoracións que coide pertinentes. Estes asesores/as deberán limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderá á Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que os/as aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que os/as restantes participantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3. as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización das probas o tribunal tiver dúbidas sobre a capacidade do/da aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo a que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1. implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aspirantes aprobados/as que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, sen prexuízo do disposto para o efecto na base II.3. desta orde.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da LRX-PAC.

III.14. As comunicacións que formulen os/as aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de aprobados/as, presentación de documentación e nomeamento de funcionarios/as de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

Posto que nesta escala non existe infrarrepresentación feminina, no suposto de empate nas puntuacións de dous ous máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade, e elevará a dita relación á/ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de aprobados/as, estas/es disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación dos seguintes documentos:

A) Fotocopia cotexada do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

B) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo de que foi separado ou inhabilitado, nin pertencer ao mesmo corpo.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.

C) Informe sobre o estado de saúde que acredite que o/a aspirante non padece enfermidade nin está afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

IV.3. Os/as que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados/as funcionarios/as e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.4. Os que tivesen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da consellería ou organismo de que dependesen para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

IV.5. Unha vez rematado o proceso selectivo e cumpridos os requisitos exixidos con anterioridade, os/as aspirantes que o superen serán nomeados/as funcionarios/as de carreira mediante unha orde do/da conselleiro/a competente en materia de función pública. Esta orde publicarase no DOG e indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación total obtida no proceso selectivo.

Os/as aspirantes do sistema de promoción interna terán preferencia sobre os/as do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes de acordo co disposto no artigo 22.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

IV.6. A adxudicación das prazas ás/aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base II.3.

IV.7. A toma de posesión das/os aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I
Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo superior
de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala de letrados

Dereito civil.

Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. O dereito civil en España. O proceso codificador. O Código civil español: estrutura e contido. Principais modificacións e leis complementarias do Código civil.

Tema 2. Os dereitos forais: antecedentes da codificación foral. Os dereitos forais no sistema constitucional: leis de dereito civil e compilacións vixentes. Estatuto de autonomía de Galicia e dereito civil. A Lei do dereito civil de Galicia: estrutura e contido.

Tema 3. As fontes do dereito: enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. Especial referencia ás fontes no dereito civil de Galicia. A Constitución como fonte do dereito.

Tema 4. As normas xurídicas: natureza, caracteres, estrutura e clasificación. O ordenamento xurídico: valores superiores. A interpretación das normas: clases, elementos e regras. Eficacia das normas xurídicas. Fraude de lei. Erro de dereito.

Tema 5. Aplicación das leis no tempo. O problema da retroactividade ou irretroactividade. Aplicación das leis no espazo. Dereito internacional privado e dereito interrexional: principais regras do Código civil.

Tema 6. A relación xurídica. A institución xurídica. O dereito subxectivo. Categorías de dereitos subxectivos. Adquisición dos dereitos subxectivos. As chamadas situacións xurídicas secundarias: expectativas de dereitos e situacións xurídicas interinas. Exercicio dos dereitos; os seus límites: a boa fe e o abuso do dereito.

Tema 7. O suxeito da relación xurídica. A personalidade: adquisición e extinción. A capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación. Protección das persoas con discapacidade.

Tema 8. A nacionalidade. Adquisición, perda, conservación e recuperación da nacionalidade española. A dobre nacionalidade. Cidadanía; especial referencia ao Estatuto da cidadanía española no exterior, veciñanza e condición civil. A condición xurídica do estranxeiro. A condición xurídica do galego.

Tema 9. A ausencia. Ausencia non constituída ou de feito. Declaración de ausencia. Declaración de falecemento. A ausencia non declarada no dereito civil de Galicia. O rexistro civil: obxecto e organización.

Tema 10. A persoa xurídica; concepto e clases. Normas do Código civil. A teoría do levantamento do veo. Asociación e fundacións: concepto e réxime xurídico.

Tema 11. As fundacións de interese galego; disposicións xerais. Constitución. Goberno. Réxime económico. Funcionamento e actividade. Modificación dos estatutos. Fusión, escisión e extinción da fundación. O protectorado. Rexistro. O Consello Superior de Fundacións.

Tema 12. O obxecto da relación xurídica. As cousas: o seu concepto e clases. Bens mobles e inmobles. Bens de dominio público e propiedade privada.

Tema 13. O feito xurídico e o acto xurídico. O negocio xurídico. Teoría xeral dos elementos do negocio xurídico. A vontade: requisitos; o silencio como declaración de vontade. Os vicios da vontade.

Tema 14. A causa do negocio xurídico: concepto e teorías fundamentais. A causa no dereito español. Os negocios xurídicos indirectos, en particular, exame da simulación; referencia aos negocios xurídicos anómalos, fiduciarios e fraudulentos. A teoría do enriquecemento inxusto.

Tema 15. Elementos accidentais do negocio xurídico. A condición, o termo e o modo. Concepto, requisitos e efectos. A representación nos negocios xurídicos. Teoría xeral. Representación legal e voluntaria.

Tema 16. Influencias do tempo nas relacións xurídicas. O seu cómputo. Teoría xeral da prescrición. Concepto, clases, fundamento e efectos. A prescrición extintiva e a caducidade.

Tema 17. Dereitos reais: concepto e diferenzas co dereito de obriga. A tipicidade dos dereitos reais. Clasificación dos dereitos reais. Os dereitos reais na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 18. O dereito de propiedade. Extensión e contido: facultades integrantes do dominio pleno. As limitacións do dominio. A protección do dominio: exame especial da acción reivindicatoria.

Tema 19. Modos de adquirir o dominio: a teoría do título e o modo. Clasificacións dos modos de adquirir o dominio. A ocupación. A tradición: exame das súas clases.

Tema 20. A accesión: normas do Código civil. A usucapión. Clasificación, requisitos e efectos. A renuncia á usucapión.

Tema 21. Os modos de perder o dominio: teoría xeral. O abandono. A perda do dominio en virtude das adquisicións a non domino. A comunidade de bens: regras do Código civil e especial referencia ás comunidades especiais do dereito civil de Galicia.

Tema 22. A propiedade horizontal. A propiedade a tempo compartido. A propiedade intelectual; referencia ao contrato de edición.

Tema 23. A posesión: concepto e natureza xurídica. Clases de posesión. Efectos da posesión, durante o seu exercicio e ao cesar nel. Adquisición, conservación e perda da posesión. A tutela da posesión.

Tema 24. O dereito real de servidume no Código civil. Concepto, fundamento e clases. Adquisición das servidumes. Contido: dereitos e obrigas dos propietarios dos predios dominante e servente. Modos de extinción da servidume. A regulación das servidumes no dereito civil de Galicia. Referencia ás servidumes legais do Código civil.

Tema 25. O usufruto: concepto. Modos de constitución e extinción. Contido: dereitos e obrigas. Referencia aos usufrutos especiais. O uso e a habitación.

Tema 26. Dereitos reais de garantía: formas de garantía real. O peñor. A anticrese. O dereito de superficie. Referencia aos censos.

Tema 27. A obriga: o seu concepto. Clasificación, en particular, exame das obrigas solidarias e mancomunadas; de dar, facer e non facer. Obrigas puras, condicionais e a termo.

Tema 28. Causas de extinción das obrigas. O pagamento. A perda da cousa debida. A condonación da débeda. A confusión de dereitos. A compensación. A novación.

Tema 29. Incumprimento das obrigas; as súas causas: mora, dolo, culpa e caso fortuíto. Cumprimento forzoso: a indemnización de danos e perdas. Os denominados medios indirectos: as accións subrogatoria e revogatoria.

Tema 30. A concorrencia e a prelación dos créditos: principios xerais e normas de aplicación.

Tema 31. O contrato: fundamento e función. Sistemas de contratación. Elementos dos contratos. Capacidade para contratar: incapacidades e prohibicións. Obxecto do contrato. A forma dos contratos.

Tema 32. A vida do contrato, preparación do contrato e a problemática da forza vinculante da oferta. A perfección e consumación do contrato. A sinatura electrónica. Revisión do contrato por alteración extraordinaria das circunstancias: cláusula rebus sic stantibus.

Tema 33. A interpretación dos contratos: regras do Código civil. Clases de contratos. Precontrato e contrato de opción. Os contratos de adhesión e as condicións xerais de contratación.

Tema 34. A ineficacia dos contratos. A nulidade: causas e efectos. A anulabilidade; a confirmación. A rescisión: causas e efectos.

Tema 35. O contrato de compravenda. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Prohibicións de contratar. A transmisión do dominio na compravenda. A venda de cousa allea.

Tema 36. Contido do contrato de compravenda. As obrigas do vendedor; a entrega: a teoría dos riscos. O saneamento. As obrigas do comprador: o pagamento do prezo.

Tema 37. Os retractos convencionais e legais. O retracto de graciosa. O contrato de permuta: a súa regulación no Código civil. A cesión: modalidades e efectos.

Tema 38. A doazón: concepto e natureza xurídica. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Efectos naturais e derivados de pactos especiais. Revogación e redución de doazóns.

Tema 39. O contrato de arrendamento. Clases e normas do Código civil en materia de arrendamentos de cousa. O arrendamento de obra ou empresa. O arrendamento de servizos.

Tema 40. O réxime de arrendamentos urbanos no Código civil e na lexislación especial. Arrendamentos para uso distinto de vivenda. Duración. Contido, en particular, a renda. Extinción.

Tema 41. Os arrendamentos rústicos: referencia á normativa estatal. A súa regulación na Lei de dereito civil de Galicia. A parzaría: concepto. Réxime xurídico e clases na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 42. O contrato de mandato. Natureza e especies. Constitución, extinción e efectos. O contrato de préstamo: as súas especies. O comodato. O precario. O mutuo.

Tema 43. O contrato de depósito: a súa natureza e clases. O depósito ordinario. Depósito irregular e necesario. O secuestro. A transacción. Aspectos civís da arbitraxe.

Tema 44. O contrato de sociedade. Natureza e clases. Constitución. Contido. Extinción.

Tema 45. O contrato de fianza: a súa regulación no Código civil. Os contratos aleatorios: o contrato de alimentos; xogos e apostas; a renda vitalicia. O vitalicio: normativa autonómica.

Tema 46. Os case contratos: o seu concepto e especies. Exame especial do cobramento indebido e da xestión de negocios alleos sen mandato. As obrigas que nacen da culpa e neglixencia.

Tema 47. O matrimonio: os seus requisitos. Forma de celebración e inscrición. Efectos persoais: dereitos e deberes dos cónxuxes. Nulidade, separación, divorcio. Medidas provisionais. A mediación familiar.

Tema 48. O réxime económico matrimonial: clases. Capitulacións matrimoniais. Doazóns por razón de matrimonio. Réxime de participación. Réxime de separación.

Tema 49. A sociedade de gananciais: natureza e constitución. Bens privativos e gananciais. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.

Tema 50. Administración e disposición dos bens da sociedade de gananciais. Disolución e liquidación da sociedade de gananciais. A sociedade familiar galega.

Tema 51. A filiación. Concepto e clases. Determinación e proba. Accións de filiación: normas do Código Civil. A patria potestade. Deberes e facultades. Representación legal dos fillos. Administración e disposición de bens. Extinción e prórroga.

Tema 52. A tutela. Delación e constitución. Incapacidade e escusas. Remoción. Exercicio de tutela: obrigas, atribucións e dereitos. Responsabilidade do titor. Extinción. A curadoría. O defensor xudicial. A garda de feito.

Tema 53. A adopción no dereito común. Elementos persoais e formais. Extinción. Especialidades no dereito civil de Galicia.

Tema 54. A protección de menores no dereito civil de Galicia: o desamparo e a tutela administrativa. A garda administrativa. O acollemento: clases, constitución e cesamento. Situación de risco e medidas de protección. A obriga de alimentos entre parentes.

Tema 55. A sucesión mortis causa. Concepto da herdanza e do herdeiro. Aceptación e repudiación da herdanza. O beneficio de inventario e o dereito a deliberar. Situacións da herdanza: a herdanza xacente.

Tema 56. A sucesión por causa de morte; disposicións xerais na Lei de dereito civil de Galicia. A sucesión testada no Código civil: concepto, natureza e contido do testamento. Clases do testamento. Capacidade para testar. Formalidades xerais dos testamentos. Invalidez e ineficacia do testamento.

Tema 57. Testamento aberto: requisitos e formalidades. Testamento cerrado: os seus requisitos.Testamento hológrafo. Clases de testamentos na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 58. A institución de herdeiro. Formas e modalidades da institución. As disposicións testamentarias especiais na Lei de dereito civil de Galicia. A substitución hereditaria. Fundamento e clases. A substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.

Tema 59. O problema da liberdade de testar: principais teorías. A lexítima no dereito civil de Galicia: a lexítima dos descendentes e dos ascendentes e a lexítima de cónxuxe viúvo. A regulación da lexítima no Código civil.

Tema 60. A mellora: concepto e fundamento. Persoas que poden mellorar e ser melloradas. Clases de mellora. Efectos: a súa revogabilidade. Gravames que poden imporse sobre a mellora. Promesa de mellorar e non mellorar. Delegación da facultade de mellorar. O desherdamento e a preterición; regulación na Lei de dereito civil de Galicia e no dereito común.

Tema 61. O legado: concepto e clases. Regras do legado segundo as súas especies. Aceptación e renuncia. Orde de preferencia para o seu pagamento. Extinción. A testamentaría: o seu réxime xurídico.

Tema 62. A sucesión intestada: normas do dereito civil de Galicia e do Código civil. O dereito de representación e de acrecentar. A sucesión do Estado e da Comunidade Autónoma galega.

Tema 63. A sucesión contractual. Teoría xeral. Os pactos sucesorios no dereito civil de Galicia: os pactos de mellora, a mellora de labrar e posuír, a apartación. O usufruto do cónxuxe viúvo.

Tema 64. Partición da herdanza. Teoría xeral. Regulación do Código civil: operacións que comprende. A colación. Efectos da partición entre herdeiros e para terceiras persoas. Impugnación e rescisión da partición.

Tema 65. A partición da herdanza no dereito civil de Galicia. A partición polo testador. A partición polo contador-partidor. A partición polos herdeiros.

Dereito hipotecario.

Tema 1. Dereito hipotecario e dereito inmobiliario. O Rexistro da Propiedade: os seus fins. Sistemas de ordenación xurídica da propiedade inmobiliaria. O asento rexistral. O asento de presentación. Clases de libros. Demarcación dos rexistros.

Tema 2. Principios fundamentais do dereito hipotecario. Principio de rogación. Principio de legalidade. Principio de tracto sucesivo. Principio de prioridade. Principio de especialidade. Principio de lexitimación.

Tema 3. A delimitación da materia inscritible: exame do artigo 2 da Lei hipotecaria e concordantes do seu regulamento. Concepto do título formal e material. O asento de inscrición; exame do artigo 9 da Lei hipotecaria.

Tema 4. Especial referencia ao principio da fe pública rexistral. Exame do terceiro na lexislación hipotecaria. Excepcións e suspensións da fe pública rexistral.

Tema 5. Anotacións preventivas: natureza e clases. Exame do artigo 42 da Lei hipotecaria. Efectos das anotacións preventivas. Extinción. As notas marxinais: natureza, clases e efectos.

Tema 6. O dereito real de hipoteca. Responsabilidade real e persoal na hipoteca. Cousas e dereitos que poden ser gravados con hipoteca inmobiliaria.

Tema 7. Clases de hipotecas. Hipotecas voluntarias e legais; en particular, as hipotecas legais: natureza e efectos. A hipoteca legal a favor das administracións públicas.

Tema 8. Os efectos da hipoteca. A acción real e persoal na execución hipotecaria. Os procedementos para a efectividade do crédito hipotecario. A execución ordinaria. A venda extraxudicial.

Tema 9. Particularidades da execución sobre bens hipotecados na Lei de axuizamento civil. Efectos respecto dos terceiros posuidores e demais titulares de dereitos reais.

Tema 10. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento da posesión. Constitución, contido e extinción. O rexistro de vendas a prazos de bens mobles.

Tema 11. Concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica. A rectificación dos erros nos asentos. O catastro inmobiliario; concepto, réxime xurídico e relacións co Rexistro da Propiedade.

Dereito mercantil.

Tema 1. O contido do dereito mercantil: sistemas. Fontes do dereito mercantil; o Código de comercio. Os usos do comercio. Os actos de comercio: sistema español. Os actos mixtos e os actos de comercio por analoxía.

Tema 2. Concepto doutrinal e legal do comerciante. O comerciante individual. Condicións de capacidade; especial referencia ao réxime de responsabilidade do comerciante casado. O comerciante estranxeiro. Habitualidade e profesionalidade. O Rexistro Mercantil. Organización e principios. Contabilidade mercantil: normas.

Tema 3. A sociedade mercantil: concepto, natureza e clases. Personalidade da sociedade. O obxecto social: a súa determinación e efectos. Constitución. A sociedade irregular. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria: simple e por accións.

Tema 4. As sociedades de capital: natureza e réxime xurídico. Constitución: escritura pública e inscrición.

Tema 5. O capital social. Achegas. A condición de socio. Participacións sociais e accións. Representación e transmisión. Emisión de obrigacións.

Tema 6. A xunta xeral: convocatoria, competencia, asistencia, réxime de adopción de acordos. A acta. Réxime de impugnación de acordos sociais.

Tema 7. A administración da sociedade. Os administradores: requisitos, deberes e retribución. A representación da sociedade. O réxime de responsabilidade dos administradores. O consello de administración.

Tema 8. A modificación dos estatutos. A exclusión e separación dos socios. Disolución e liquidación.

Tema 9. Réxime xurídico da transformación, fusión e escisión de sociedades mercantís. A sociedade anónima europea.

Tema 10. As sociedades profesionais. A sociedade laboral. A sociedade cooperativa; especial referencia á Lei de cooperativas de Galicia. A sociedade de garantía recíproca.

Tema 11. A propiedade industrial; patentes e marcas: concepto e réxime xeral de adquisición, transmisión e protección. O dereito da competencia: defensa da competencia e competencia desleal. Órganos competentes.

Tema 12. Teoría xeral dos títulos valores: clases. A letra de cambio: concepto, emisión, forma e transmisión. Réxime das accións cambiarias. Referencia ao cheque.

Tema 13. A obrigación e o contrato mercantil: normas xerais do Código de comercio. A compravenda mercantil.

Tema 14. A comisión mercantil. O depósito mercantil. O préstamo mercantil. Operacións bancarias. O contrato de contas en participación.

Tema 15. O leasing. O contrato de axencia. O factoring. A franquía. O contrato de transporte terrestre.

Tema 16. O contrato de seguro. Obrigas e deberes das partes. Seguro contra danos, seguro de persoas, seguro sobre a vida, seguro de accidentes, seguros de enfermidade e asistencia sanitaria.

Tema 17. O dereito marítimo: as súas fontes. O navieiro: especialidades do seu réxime de responsabilidade; normativa internacional. O contrato de fretamento. O seguro marítimo. Accidentes e avarías marítimas.

Dereito procesual.

Primeira parte.

Tema 1. O proceso: concepto, natureza e fundamento. Os principios procesuais contidos na Constitución. O dereito á tutela xudicial efectiva.

Tema 2. A Lei orgánica do poder xudicial: normas fundamentais sobre o poder xudicial e o exercicio da potestade xurisdicional. Extensión e límites da xurisdición española. Planta e organización dos xulgados e tribunais. Os conflitos e cuestións de competencias.

Tema 3. Abstención e recusación de xuíces e maxistrados. Requisitos xerais das actuacións xudiciais. Nulidade dos actos xudiciais. As resolucións xudiciais. Os actos de comunicación ás partes.

Tema 4. O proceso civil. A Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil: o seu título preliminar. A xurisdición dos tribunais civís: extensión e límites. Cuestións prexudiciais.

Tema 5. A competencia dos órganos xurisdicionais civís. Competencia obxectiva. Competencia territorial; o foro territorial do Estado e da comunidade autónoma; a submisión e a conexión: os seus efectos sobre a competencia; a declinatoria. Competencia funcional.

Tema 6. As partes no proceso civil; a súa posición xurídica. Capacidade para ser parte e capacidade procesual. Lexitimación procesual. Sucesión procesual. Representación e defensa técnica das partes: a defensa das administracións e dos entes públicos. O dereito á asistencia xurídica gratuíta: requisitos, extensión e procedemento.

Tema 7. Ausencia de partes: o xuízo en rebeldía. Pluralidade de partes. O litisconsorcio, as súas especies. A intervención procesual, teoría xeral da terzaría. A intervención provocada ou forzosa; principais supostos. A intervención adhesiva.

Tema 8. Teoría da acción procesual, a pretensión como obxecto do proceso. Clases de pretensións. Contido; determinación da contía. Pluralidade de pretensións. Referencia á acumulación de accións e de procesos.

Tema 9. Feitos e actos procesuais. Actos preparatorios dos xuízos, as dilixencias preliminares reguladas na Lei de axuizamento civil. As cuestións incidentais; procedemento para a súa tramitación. Actos de iniciación do proceso civil: a demanda; os seus efectos.

Tema 10. A proba; o seu obxecto e valoración. A carga da proba. Disposicións xerais en materia de proba. A proba documental. Teoría xeral. A práctica da proba documental.

Tema 11. Concepto de documento. Clases: os documentos públicos e privados. Valor probatorio. A presentación de documentos, ditames, informes e outros medios ou instrumentos.

Tema 12. O interrogatorio das partes. O interrogatorio de testemuñas. Especialidades aplicables ás administracións públicas. O ditame de peritos. O recoñecemento xudicial. Outros medios de proba; as presuncións.

Tema 13. A sentenza: requisitos. Os seus efectos xurídicos: cousa xulgada formal e material. Outras formas de terminación do proceso: renuncia, desistencia, conformamento, transacción, satisfacción extraprocesual e carencia sobrevida de obxecto; especial referencia á disposición da acción procesual polo letrado da Xunta de Galicia. A suspensión do proceso; a suspensión do curso dos autos para elevar consulta. A caducidade.

Tema 14. A eliminación do proceso. O acto de conciliación. A arbitraxe. Requisitos e procedemento arbitral. Recursos contra o laudo. Os efectos económicos do proceso; as custas.

Tema 15. Tipos de procesos de coñecemento. O xuízo ordinario. Ámbito. Alegacións iniciais: demanda, contestación e reconvención; efectos da pendencia do proceso. A audiencia previa ao xuízo. O xuízo. A sentenza.

Tema 16. O xuízo verbal. As medidas cautelares no proceso civil.

Tema 17. Os procesos especiais (I). Os procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores: disposicións xerais. Procesos sobre a capacidade das persoas. Procesos sobre filiación, paternidade e maternidade.

Tema 18. Os procesos especiais (II). Os procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores: procesos matrimoniais e de menores: especial referencia á oposición ás resolucións administrativas en materia de protección de menores e o procedemento para determinar a necesidade de asentimento na adopción. O proceso monitorio. O xuízo cambiario.

Tema 19. Referencia aos procesos especiais (III). Os xuízos sucesorios; natureza. O ab intestato: a declaración de herdeiros. A división xudicial de patrimonios: o procedemento para a división da herdanza. O procedemento para a liquidación do réxime económico matrimonial.

Tema 20. A execución forzosa: disposicións xerais. Os títulos executivos. A eficacia en España das sentenzas ditadas polos tribunais estranxeiros. A execución en diñeiro (I): disposicións xerais.

Tema 21. A execución en diñeiro (II). Requirimento de pagamento. O embargo de bens. Terzarías de dominio e de mellor dereito.

Tema 22. O procedemento de constrinximento: disposicións xerais para a realización dos bens embargados. Valoración dos bens embargados. Convenio de realización e realización por persoa ou entidade especializada. A poxa. A administración para o pagamento.

Tema 23. Particularidades da execución de bens peñorados. A execución non en diñeiro. Execución de sentenzas en que se condenen administracións públicas. A execución provisional de resolucións xudiciais.

Tema 24. A impugnación do proceso. Clases de recursos. Disposicións xerais. O recurso de reposición. O recurso de apelación.

Tema 25. O recurso de casación: concepto e fin. Requisitos: resolucións contra as cales procede; motivos do recurso. Procedemento. Efectos da sentenza. O recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia.

Tema 26. O recurso extraordinario por infracción procesual. Requisitos: resolucións contra as cales procede; motivos do recurso. Tramitación. Efectos da sentenza. A revisión das sentenzas firmes. Recursos que pode utilizar o demandado rebelde.

Tema 27. Dereito concursal: a Lei concursal. O concurso. A declaración do concurso: presupostos e procedemento. A administración concursal. Efectos da declaración do concurso.

Tema 28. Informe da administración concursal e a determinación das masas activa e pasiva. As fases de convenio ou liquidación.

Tema 29. Cualificación do concurso. Conclusión e reapertura. Normas procesuais xerais e sistema de recursos. Referencia ás normas de dereito internacional.

Tema 30. Xurisdición voluntaria: concepto e natureza. Das normas comúns en materia de tramitación dos expedientes de xurisdición voluntaria.Clasificación dos actos de xurisdición voluntaria.

Segunda parte.

Tema 31. O proceso penal. Normas para determinar a competencia no proceso penal. Cuestións prexudiciais. Modos de iniciación do proceso penal: denuncia, querela e iniciación de oficio.

Tema 32. As partes no proceso penal. A rebeldía. O sumario: referencia ás principais dilixencias sumariais. Recursos contra as resolucións dos xuíces de instrución e letrados da Administración de xustiza.

Tema 33. O auto de procesamento e recursos contra el. Citación, detención e prisión provisional. Dereitos e tratamento de detidos e presos; asistencia letrada ao detido. Medidas de aseguramento das responsabilidades pecuniarias.

Tema 34. Período intermedio de sobresemento ou elevación a xuízo oral. Artigos de previo pronunciamento. Cualificacións. Realización do xuízo oral.

Tema 35. O procedemento abreviado para determinados delitos. Proceso por aceptación de decreto.

Tema 36. O tribunal do xurado: composición e competencias. Procedemento das causas ante o tribunal do xurado. Recurso de apelación. Referencia aos procesos penais especiais.

Tema 37. A apelación contra sentenzas e determinados autos. A casación en materia penal; as súas formas, preparación. Queixa por denegación do testemuño. A revisión en materia penal.

Tema 38. O proceso contencioso-administrativo. Natureza, extensión e límites da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Concepto de Administración pública para os efectos do recurso. Cuestións a que se estende o coñecemento e cuestións excluídas desta orde xurisdicional.

Tema 39. Os órganos da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Regras determinantes da súa respectiva competencia.

Tema 40. As partes: capacidade, lexitimación; representación e defensa das partes. Obxecto do recurso contencioso-administrativo: actividade administrativa impugnable. Pretensións das partes. Acumulación. Contía do recurso.

Tema 41. Procedemento contencioso-administrativo. Prazos. Medidas cautelares. Procedemento en primeira ou única instancia: dilixencias preliminares; a declaración de lesividade. Interposición do recurso. Anuncio do recurso e reclamación do expediente.

Tema 42. Emprazamento e comparecencia de demandados. Demanda e contestación: requisitos, contido e efectos. Achega de documentos. Trámite para completar o expediente administrativo. Alegacións previas. Proba.

Tema 43. Vista e conclusións: a presentación de cuestións novas. A sentenza: contido. Outros modos de terminación do procedemento. Custas.

Tema 44. O procedemento abreviado. Procedemento contencioso-electoral.

Tema 45. Procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa. A cuestión de ilegalidade. Procedemento nos casos de suspensión administrativa previa de acordos.

Tema 46. Recursos contra providencias, autos, dilixencias de ordenación e decretos Recurso de apelación. Resolucións contra as cales procede. Procedemento. Contido e efectos da sentenza.

Tema 47. Recurso de casación. Revisión de sentenzas.

Tema 48. Execución de sentenzas: suspensión e execución, extensión dos seus efectos. Incidentes e invalidez de actos procesuais.

Tema 49. A xurisdición social: extensión e límites. Órganos xurisdicionais. As partes do proceso: capacidade e lexitimación. Representación e defensa procesual. Pluralidade de partes. Caracteres xerais do proceso de traballo.

Tema 50. A evitación do proceso. O proceso ordinario. Demanda e admisión. Conciliación e xuízo. Contestación e reconvención, a proba. Conclusións. Dilixencias finais. Acta do xuízo. Sentenza.

Tema 51. Modalidades procesuais. Enumeración. Despedimentos e sancións. Reclamación ao Estado do pagamento dos salarios de tramitación. Extinción do contrato por causas obxectivas e outras causas.

Tema 52. Vacacións e clasificación profesional. Materia electoral. O proceso de Seguridade Social. O proceso de conflitos colectivos. Impugnación dos convenios colectivos. O procedemento de oficio.

Tema 53. Medios de impugnación. Recursos contra providencias, autos, dilixencias de ordenación e decretos. Aclaración de sentenza. Recurso de suplicación: decisións susceptibles de recurso, obxecto do recurso, procedemento e efectos.

Tema 54. O recurso de casación. Decisións contra as cales se pode recorrer. Motivos de casación. Procedemento. Efectos. O recurso de casación para a unificación de doutrina. Disposicións comúns aos recursos de suplicación e de casación.

Tema 55. Execución de sentenzas. Execución definitiva. Disposicións xerais. Execucións en diñeiro. Sentenzas firmes de despedimento. Condena de entes públicos. Execución provisional. Sentenzas condenatorias ao pagamento de cantidades. Sentenzas de despedimento. Outras sentenzas.

Dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social.

Tema 1. As notas configuradoras do traballo obxecto do dereito do traballo: liberdade, remuneración, dependencia e alleidade. Formación e desenvolvemento do dereito do traballo. Contido e concepto do dereito do traballo.

Tema 2. O sistema de fontes do dereito do traballo: caracterización xeral. Tipoloxía das normas laborais. A potestade normativa das comunidades autónomas en materia laboral. O convenio colectivo: concepto, partes, elaboración, depósito, publicación, eficacia e tipoloxía. A norma internacional laboral.

Tema 3. A aplicación das normas laborais: principios de ordenación. A relación lei-convenio colectivo; colisión e concorrencia entre normas estatais e normas convencionais. O principio de condición máis beneficiosa. Os principios de irrenunciabilidade de dereitos e de territorialidade das normas laborais.

Tema 4. O contrato de traballo. O traballador e o empresario: concepto xurídico e legal. Os entes públicos como empregadores. A interposición de empresarios. As empresas de traballo temporal. As contratas e subcontratas de obras e servizos.

Tema 5. Clases de contrato de traballo atendendo á súa duración. Os contratos temporais: tipoloxía e réxime xurídico. A contratación temporal polas administracións públicas, en especial, a vulneración dos seus límites e as súas consecuencias. Os dereitos fundamentais do traballador. A clasificación profesional. O cumprimento da prestación de traballo: deberes de obediencia, dilixencia e boa fe.

Tema 6. A xornada de traballo: xornada normal e xornadas especiais. O contrato a tempo parcial e contrato de substitución. As horas extraordinarias. O horario de traballo. Os descansos semanal e festivo. As vacacións anuais.

Tema 7. O salario; a súa protección legal e garantías. O salario mínimo interprofesional. Absorción e compensación de salarios. O Fondo de Garantía Salarial.

Tema 8. Os poderes do empresario: caracterización xeral. O poder de dirección. O poder de variación. O poder disciplinario; a responsabilidade empresarial. A sucesión na titularidade da empresa.

Tema 9. As modificacións do contrato de traballo: tipoloxía. Mobilidade xeográfica. A suspensión do contrato de traballo.

Tema 10. A extinción do contrato de traballo: cadro xeral das causas extintivas. A terminación convencional. Extinción por morte e incapacidade do traballador. Morte, xubilación e incapacidade do empresario e extinción da personalidade contratante. Extinción por forza maior.

Tema 11. Extinción por causas obxectivas. O despedimento colectivo. O despedimento disciplinario.

Tema 12. O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia. O seu convenio colectivo: ámbito, contido e normas principais; especial referencia á provisión de vacantes.

Tema 13. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.

Tema 14. A acción protectora. As continxencias protexidas: cadro xeral. Prestacións.

Tema 15. As prestacións non contributivas da Seguridade Social: finalidade e clases. Invalidez non contributiva: requisitos e procedemento para a súa obtención. Xubilación non contributiva.

Tema 16. A asistencia sanitaria. Persoas protexidas. Contido: asistencia médica, hospitalización, prestacións farmacéuticas, outras prestacións sanitarias, prestacións de maternidade. As institucións sanitarias da Seguridade Social: clasificación e funcións.

Tema 17. O persoal estatutario dos servizos de saúde: o seu estatuto marco. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Provisión de prazas, selección e promoción interna.

Tema 18. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario e incompatibilidades.

Tema 19. Réxime de retribucións do persoal estatutario da Seguridade Social. A función inspectora no ámbito sanitario. Especial referencia á ordenación de funcións da inspección dos servizos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo exercicio:

Dereito constitucional, comunitario e autonómico.

Primeira parte.

Tema 1. O concepto de constitución: natureza e significado. A Constitución de 1978: proceso de elaboración. Sistemática e estrutura. Características xerais. O bloque de constitucionalidade. A reforma da Constitución.

Tema 2. Valores superiores do ordenamento constitucional. Os principios fundamentais da Constitución. A soberanía. A división de poderes. A representación política. A participación política.

Tema 3. O Estado na Constitución; o significado constitucional do concepto. Estado de dereito. Estado social. Estado democrático.

Tema 4. O Goberno do Estado e a Administración. As funcións do Goberno. A función normativa. A función política. A función administrativa.

Tema 5. A Coroa. O rei; a súa posición constitucional. Funcións do rei. O rei e o Goberno. O rei e as Cortes. O rei e a política internacional. A orde de sucesión. A rexencia e a tutela do rei. Refrendo dos actos do rei; as súas formas.

Tema 6. As Cortes Xerais: composición e relacións entre ambas as dúas cámaras. Os privilexios parlamentarios colectivos; referencia aos regulamentos parlamentarios. O goberno interior das cámaras. O funcionamento das cámaras; en especial, os grupos parlamentarios. Os privilexios parlamentarios individuais: a inviolabilidade e a inmunidade parlamentarias.

Tema 7. As funcións das Cortes Xerais. A función lexislativa; tramitación. As funcións económicas e financeiras. A función de control; en especial, a moción de censura e a cuestión de confianza. As Cortes e os tratados internacionais.

Tema 8. Eleccións e normas electorais. Administración electoral. Normas xerais do proceso electoral. Reclamacións electorais. Delitos e infraccións electorais.

Tema 9. O poder xudicial na Constitución. Os seus órganos e goberno. A independencia e a actuación xudicial. Medios de participación popular na Administración de xustiza.

Tema 10. Teoría dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas. Garantías e límites na Constitución española. O Defensor do Pobo. A suspensión de dereitos. O principio e o dereito fundamental á igualdade.

Tema 11. Dereito á vida e á integridade física e moral. Dereito á liberdade persoal. Dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe; a protección contra o uso da informática. Inviolabilidade do domicilio e da correspondencia.

Tema 12. As liberdades de pensamento, expresión e información. A liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. O dereito á educación. O dereito de petición. O dereito á libre circulación.

Tema 13. Dereito de reunión. Dereito de asociación. O dereito á participación nos asuntos públicos; os partidos políticos. Dereito de sindicación. Dereito á folga.

Tema 14. Dereitos e deberes dos cidadáns. Principios reitores da política económica e social.

Tema 15. A defensa xurídica da Constitución: sistemas. O Tribunal Constitucional: natureza e funcións. A súa composición. Competencias do Pleno, salas e seccións.

Tema 16. Disposicións comúns sobre procedemento. O recurso de amparo constitucional. Casos en que procede e prazos. Lexitimación. Suspensión do acto impugnado. Procedemento e sentenza.

Tema 17. Procesos de declaración de inconstitucionalidade. Disposicións xerais. Recurso de inconstitucionalidade e da cuestión de inconstitucionalidade. Recurso previo de inconstitucionalidade contra proxectos de estatutos de autonomía e contra propostas de reforma de estatutos de autonomía. Efectos das sentenzas.

Tema 18. Conflitos constitucionais. Conflitos positivos e negativos das comunidades autónomas co Estado. Conflitos en defensa da autonomía local. Conflitos entre órganos constitucionais do Estado. Impugnacións de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

Tema 19. A organización territorial do Estado na Constitución española. O Estado autonómico; o artigo 2 da Constitución: a autonomía das nacionalidades e rexións. A autonomía local na Constitución; a súa garantía institucional.

Tema 20. O proceso de integración europea: das Comunidades Europeas á Unión Europea. Os tratados constitutivos e as súas modificacións. A dimensión rexional de Europa; comunidades autónomas e institucións europeas; o Comité das Rexións; a Asemblea das Rexións de Europa.

Tema 21. Estrutura orgánica das institucións comunitarias. O Consello Europeo. O Parlamento; especial referencia aos procedementos de elaboración de normas. O Consello. A Comisión. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social.

Tema 22. Concepto e caracteres do dereito comunitario. As súas fontes: dereito orixinario e dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes.

Tema 23. Aplicación e eficacia do dereito comunitario nos países membros. O xuíz nacional na aplicación do dereito comunitario. O dereito comunitario e a Constitución española. As comunidades autónomas e o dereito comunitario. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

Tema 24. As liberdades básicas do sistema comunitario. O mercado interior. Libre circulación de mercadorías, de persoas, servizos e capitais.

Tema 25. A cidadanía da UE. Normas sobre competencia. Disposicións aplicables a empresas. Axudas outorgadas polos estados.

Tema 26. As políticas comunitarias e os fondos estruturais. A política agraria común. A política común pesqueira. A política económica e social. A unión económica e monetaria. Outras políticas.

Tema 27. O sistema xurisdicional da UE. O Tribunal de Xustiza. O tribunal de primeira instancia; composición, competencias, procedemento e regras de funcionamento.

Tema 28. O recurso por incumprimento: estudo previo da actividade da Comisión; o ditame motivado. O recurso de anulación. O recurso de inacción. A cuestión prexudicial. A acción de responsabilidade extracontractual.

Segunda parte.

Tema 29. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. A súa reforma: a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

Tema 30. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o estatuto no sistema constitucional; o estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o estatuto como norma subordinada á Constitución, posición do estatuto respecto ás demais normas do Estado e da comunidade autónoma.

Tema 31. As bases fundamentais da autonomía galega. O territorio; eficacia territorial das disposicións e actos da comunidade autónoma. Os símbolos de Galicia. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade.

Tema 32. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. O Parlamento de Galicia: o seu carácter e funcións. Composición e funcionamento do Parlamento. O Pleno e as comisións: as súas clases. A Deputación Permanente; as súas funcións. Réxime de sesións. Adopción de acordos.

Tema 33. Eleccións ao Parlamento de Galicia; competencias da Xunta de Galicia para a súa regulación. A Lei electoral de Galicia: a súa estrutura e contido. A circunscrición electoral. A convocatoria electoral. Electores e elixibles.

Tema 34. Os deputados do Parlamento de Galicia. Duración do mandato. Incompatibilidades. Os privilexios parlamentarios colectivos. O Regulamento do Parlamento de Galicia. O goberno interior da cámara. Os privilexios parlamentarios individuais.

Tema 35. A elaboración das leis da comunidade autónoma. A iniciativa lexislativa. A tramitación. Promulgación e publicación das leis. Leis de Galicia: o seu rango e posición constitucional; o principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico. Decretos lexislativos. Regulamentos autonómicos.

Tema 36. A Xunta de Galicia: natureza, composición e funcións. A presidencia da Xunta de Galicia: as súas funcións e representación. Elección da presidencia.

Tema 37. Relacións da Xunta de Galicia co Parlamento. Información ao Parlamento; presenza dos membros do Goberno ante o Parlamento; interpelacións e preguntas. Cuestión de confianza e moción de censura; os seus efectos. Disolución do Parlamento.

Tema 38. A Administración pública galega no Estatuto de autonomía. Competencias para o establecemento do seu réxime xurídico. A Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia; competencias da comunidade autónoma en relación cos rexistros e o notariado. O Valedor do Pobo.

Tema 39. As competencias das comunidades autónomas: natureza; clases: exclusivas, compartidas, concorrentes. A reserva de competencias ao Estado do artigo 149: normativa básica; a atribución estatutaria de competencias e a cláusula de peche do artigo 149.3º. O control da actividade das comunidades autónomas: o control ordinario e extraordinario.

Tema 40. As competencias da Xunta de Galicia no Estatuto de autonomía. As transferencias de competencias, funcións e servizos do Estado ás comunidades autónomas: as comisións mixtas e os reais decretos de traspasos. A valoración dos servizos transferidos.

Tema 41. A modificación extraestatutaria das competencias autonómicas: leis marco; en especial as leis orgánicas de transferencia e delegación; as leis de harmonización. Previsións constitucionais da prevalencia e supletoriedade do dereito estatal.

Tema 42. A concorrencia normativa entre o Estado e as comunidades autónomas: normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema do rango das dúas normativas. A execución autonómica da lexislación do Estado.

Tema 43. As relacións interadministrativas. Principios xerais. Deber de colaboración. Relacións de cooperación. Relacións electrónicas entre as administracións, particularmente, as relacións das comunidades autónomas entre elas; prohibición de pactos de federación. Estudo especial dos convenios.

Dereito administrativo.

Parte xeral.

Tema 1. A Administración pública. Actividade administrativa e actividade política. O dereito administrativo. O réxime administrativo: sistemas; trazos fundamentais do español. A consideración non xurídica da Administración: a ciencia da Administración. Transparencia e boas prácticas na actuación da Administración.

Tema 2. Fontes do dereito administrativo. A lei: as súas clases; leis orgánicas e ordinarias. Disposicións do Goberno con valor de lei: decretos lei; decretos lexislativos.

Tema 3. O regulamento: concepto e natureza. Fundamento da potestade regulamentaria. Clasificación dos regulamentos. Procedemento de elaboración dos regulamentos: normativa estatal e autonómica.

Tema 4. A eficacia normativa do regulamento: a súa inderrogabilidade singular. Os actos administrativos xerais e as instrucións e ordes de servizo. A impugnación dos regulamentos na doutrina e no noso dereito positivo.

Tema 5. Os principios de reserva de lei, de xerarquía normativa e de competencia. Nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas por infracción daqueles principios. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 6. Os suxeitos no dereito administrativo. O Estado e a comunidade autónoma. A personalidade xurídica destes. Outras persoas xurídico-públicas. Relacións entre administracións públicas.

Tema 7. As potestades administrativas, o principio de legalidade e as súas manifestacións. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. Control da discrecionalidade: estudo especial da desviación de poder. Os conceptos xurídicos indeterminados. A discrecionalidade técnica.

Tema 8. A Administración e os tribunais de xustiza. Conflitos de xurisdición entre os tribunais e a Administración. Outros conflitos de xurisdición. As accións posesorias e a Administración. Concorrencia de embargos administrativos e xudiciais.

Tema 9. O administrado. Dereitos públicos subxectivos e intereses lexítimos: conceptos e diferenzas. Clasificación dos dereitos públicos subxectivos. Situacións xurídicas pasivas. As prestacións do administrado. Colaboración dos administrados coa Administración pública.

Tema 10. Os actos xurídicos da Administración: actos públicos e privados. O acto administrativo: concepto e elementos. A forma dos actos administrativos: a motivación, a notificación e a publicación. Comunicacións e notificacións electrónicas. O silencio administrativo: natureza e réxime xurídico.

Tema 11. Clasificación dos actos administrativos. Especial referencia aos actos xurisdicionais, de trámite, provisionais e que poñen fin á vía administrativa. Os actos políticos: natureza e réxime de impugnación no dereito positivo. A eficacia dos actos administrativos na orde temporal: comezo, suspensión e retroactividade.

Tema 12. A executividade dos actos administrativos: fundamento e natureza. A execución forzosa pola Administración dos actos administrativos: os seus medios no dereito vixente. A teoría da «vía de feito». Estudo das súas manifestacións segundo a xurisprudencia.

Tema 13. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Os actos administrativos irregulares. A validación, conservación e conversión dos actos administrativos. Os erros materiais ou de feito: concepto e tratamento xurisprudencial.

Tema 14. A anulación dos actos administrativos pola propia Administración mediante a revisión de oficio: casos en que é procedente; tramitación. A revisión dos actos na vía xurisdicional por instancia da Administración: declaración de lesividade; requisitos e procedemento. Concepto da revogación; o seu tratamento no dereito vixente.

Tema 15. Os actos administrativos en particular. Estudo da licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. Referencia á concesión e ás súas clases.

Tema 16. O servizo público. A doutrina clásica do servizo público. Evolución da doutrina. As diferentes formas de xestión dos servizos públicos. A asunción pola Administración de actividades privadas e os seus instrumentos propios.

Tema 17. Os contratos do sector público. Normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de contratos e regulación. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público. Réxime de invalidez, recursos e órganos de contratación.

Tema 18. Capacidade e solvencia do empresario. Prohibicións para contratar. Clasificación das empresas. Rexistros de contratos e contratistas. Obxecto, prezo e contía do contrato. Garantías exixibles na contratación do sector público.

Tema 19. Preparación dos contratos. Expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Selección do contratista e adxudicación dos contratos. Efectos dos contratos.

Tema 20. As prerrogativas da Administración. Execución e modificación dos contratos. Extinción. Cesión e subcontratación. Normas especiais do contrato de obras.

Tema 21. Normas especiais do contrato de concesión de obra pública. Normas especiais do contrato de concesión de servizos públicos conforme o dereito comunitario.

Tema 22. Normas especiais do contrato de subministración. Normas especiais dos contratos de servizos. Órganos de asistencia na contratación e órganos consultivos.

Tema 23. O procedemento administrativo común: a súa natureza e fins. Regulación legal: a cuestión da repartición competencial; ámbito de aplicación da Lei do procedemento administrativo común. Os principios xerais e as garantías do procedemento administrativo. Abstención e recusación.

Tema 24. As persoas no procedemento administrativo. Categorización e dereitos dos interesados no seo do procedemento administrativo. Identificación, autentificación e sinatura electrónica. Termos e prazos. Os informes no procedemento administrativo.

Tema 25. Iniciación, ordenación e instrución do procedemento: a proba. Participación dos interesados. Terminación: a resolución; terminación convencional; outros modos de terminación: desistencia, renuncia e caducidade. Referencia á xestión electrónica das distintas fases do procedemento administrativo común.

Tema 26. Tramitación simplificada.Os procedementos especiais. Procedemento para a elaboración de disposicións de carácter xeral. Principios da potestade sancionadora.

Tema 27. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais da súa regulación. A reformatio in peius: ámbito da súa admisión no noso dereito. Recurso de alzada. Recurso de reposición. Recurso de revisión.

Tema 28. A responsabilidade patrimonial da Administración. Principais teorías. Lexislación española; antecedentes e regulación actual. Procedemento. A responsabilidade das autoridades e persoal. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. A responsabilidade do Estado lexislador.

Tema 29. A expropiación forzosa. Concepto e diferenza con figuras análogas. Teorías sobre a súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos e obxecto da expropiación. O procedemento expropiatorio xeral.

Tema 30. Peculiaridades do procedemento de urxencia. Cita dos procedementos especiais. As garantías do expropiado; a reversión. O xurado de expropiación forzosa da comunidade autónoma. Limitacións administrativas de dereitos e servidumes administrativas: diferenzas e réxime xurídico.

Tema 31. O dominio público. Concepto e natureza xurídica. Clasificación; en especial o «demanio natural». Teoría xeral da utilización do dominio público.

Tema 32. O dominio público e a distribución constitucional de competencias. O dominio público da Xunta de Galicia; os seus elementos: suxeito, obxecto e destino; o seu réxime xurídico: afectación, desafectación, mutacións demaniais. Prerrogativas da Administración en relación co dominio público.

Parte especial.

Tema 33. A organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e natureza. Clases de órganos; en especial os órganos colexiados. A competencia: natureza, clases e criterios de delimitación. As relacións interorgánicas: coordinación e xerarquía. Desconcentración. Delegación e avocación. Delegación de sinatura. A encomenda de xestión.

Tema 34. O Goberno e a Administración do Estado: o Consello de Ministros. A Presidencia e os seu membros. Os ministros. Outras autoridades dos departamentos ministeriais. A Administración periférica do Estado, en especial, o delegado do Goberno nas comunidades autónomas.

Tema 35. O Consello de Estado. Os consellos consultivos das comunidades autónomas. O Consello Consultivo de Galicia: composición e funcións.

Tema 36. Órganos superiores e demais altos cargos da Administración autonómica; especial referencia aos titulares das consellarías.O Consello da Xunta de Galicia e a Comisión de Secretarios Xerais. Conflitos de atribucións entre órganos da mesma ou de distinta consellería. A Administración periférica da Xunta de Galicia.

Tema 37. A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia: a asistencia xurídica. A escala e o estatuto persoal dos letrados da Xunta de Galicia. Organización.

Tema 38. Funcións de asesoramento xurídico. Funcións contenciosas. Defensa de funcionarios. A Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde.

Tema 39. As entidades locais. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. Lexislación vixente en materia de réxime local. A organización territorial de Galicia. As asociacións locais: as mancomunidades, os consorcios, os convenios e outras formas asociativas.

Tema 40. O municipio: concepto; elementos: a poboación e o territorio; a alteración de termos municipais. Organización. Competencias. Referencia á organización dos municipios de gran poboación. A provincia: elementos. Organización. Competencias. Referencia aos réximes especiais municipais e provinciais.

Tema 41. Réxime xurídico das corporacións locais: impugnación de acordos. A potestade regulamentaria das corporacións locais. Bens e servizos das corporacións locais. Normas sobre contratación e funcionarios públicos das corporacións locais.

Tema 42. A Administración institucional ou non territorial. Referencia á normativa estatal. Réxime xurídico das entidades instrumentais do sector público autonómico. A Administración corporativa.

Tema 43. Orde e seguridade cidadá: competencias da Xunta de Galicia; réxime xeral. A Policía de Galicia. As policías locais; a súa coordinación. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil, emerxencias, xogos e apostas.

Tema 44. A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servizos traspasados. A ordenación sanitaria e farmacéutica de Galicia, en especial, o Servizo Galego de Saúde: organización e competencias.

Tema 45. A Administración e o ensino. Competencias da Xunta de Galicia. O sistema educativo. Os centros docentes. A autonomía universitaria; o sistema universitario galego.

Tema 46. A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico-artístico. Arquivos, bibliotecas e museos. O deporte.

Tema 47. Especial referencia á lingua galega; normativa internacional e comunitaria sobre protección dos dereitos lingüísticos. A Carta europea de linguas minoritarias. Dereitos lingüísticos nas relacións entre a Administración e os cidadáns. A Lei 3/1983, de normalización lingüística e normativa de desenvolvemento.

Tema 48. A acción administrativa en materia de agricultura e gandaría. Competencias da Xunta de Galicia. Estruturas agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

Tema 49. Os montes: disposicións xerais e competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime xurídico dos montes. Xestión, conservación e protección forestal. Especial referencia á prevención de incendios forestais. Os montes veciñais en man común.

Tema 50. Pesca, marisqueo e cultivos mariños: competencias da Xunta de Galicia. A regulación xurídica do sector.

Tema 51. Costas; competencias da Xunta de Galicia. Delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre. Os portos: competencias da Xunta de Galicia; organización administrativa.

Tema 52. Augas terrestres: competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Organismos da bacía. Utilización do dominio hidráulico. Exame especial das concesións de augas. A planificación hidrolóxica.

Tema 53. Minas: teorías sobre a propiedade mineira e criterio do ordenamento español. Competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime de explotación dos xacigos mineiros e outros recursos xeolóxicos, en particular, os permisos de explotación e de investigación e as concesións de explotación.

Tema 54. A intervención administrativa en materia de institucións de crédito e caixas de aforro; competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico das transaccións económicas co exterior. O Instituto Galego de Promoción Económica.

Tema 55. A intervención administrativa no sector industrial e enerxético. A Administración e o ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. O réxime xurídico da protección ambiental: avaliación de impacto ambiental. Os espazos naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 56. O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xeral do comercio retallista; especial referencia aos horarios comerciais. A intervención administrativa en materia de consumo.

Tema 57. As obras públicas: competencias da Xunta de Galicia. Estradas: competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico xeral. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeral.

Tema 58. Urbanismo. O deseño competencial na materia. O réxime urbanístico do solo; clasificación; os plans de ordenación: clases, formación, aprobación, publicación e efectos.

Tema 59. Sistemas de execución. Disciplina urbanística. As valoracións urbanísticas. Patrimonios públicos do solo. Aspectos rexistrais da actuación urbanística.

Tema 60. Acción administrativa en relación coa vivenda: competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Solo. A Lei de vivenda de Galicia; referencia á ordenación da edificación. Vivendas de promoción pública.

Tema 61. As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e á televisión; a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. A Administración e o turismo; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 62. Emprego público (I). Réxime legal e competencias da Xunta de Galicia. Clases de persoal ao servizo da Xunta de Galicia. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario.

Tema 63. Emprego público (II). Dereitos dos empregados públicos; especial referencia á carreira profesional e promoción interna, aos dereitos retributivos e ao dereito á negociación colectiva. Xornada de traballo, permisos e vacacións. Deberes dos empregados públicos; código de conduta.

Tema 64. Emprego público (III). Ordenación da actividade profesional; especial referencia á provisión de postos. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades.

Facenda pública.

Primeira parte.

Tema 1. A facenda pública como disciplina e como rama do ordenamento xurídico. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: estrutura e contido. Principios xerais. Contido da facenda autonómica. Prescrición dos créditos.

Tema 2. O orzamento: concepto, natureza e clases. Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia: a estabilidade orzamentaria e os principios básicos da súa estrutura. Contido. Elaboración, aprobación. Prórroga. Liquidación e remanentes. Réxime especial do orzamento das entidades instrumentais do sector público autonómico.

Tema 3. Os créditos e as súas modificacións. Gastos plurianuais. Anulacións de créditos e regulación das obrigas. As modificacións dos créditos. Créditos extraordinarios, suplementos e créditos ampliables. Transferencias de crédito; competencias e límites. Xeracións de crédito.

Tema 4. A Intervención da Xunta de Galicia, dos seus organismos e das empresas públicas. Formulación e tramitación de reparos. A Tesouraría da Xunta de Galicia. Avais da Tesouraría. Principios básicos da contabilidade pública.

Tema 5. O gasto público: concepto e procedemento de execución; autorización, fases do gasto e ordenación dos pagamentos. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. A débeda pública: concepto e clases. Emisión, conversión e amortización de títulos. Prescrición de capital e xuros.

Tema 6. As garantías concedidas pola Comunidade Autónoma; os avais. As subvencións e as axudas públicas; normativa vixente e regulación.

Tema 7. O patrimonio da Xunta de Galicia. Organización. Bens que o integran; clases. Adquisición de bens e dereitos. Alleamento e cesión. Protección e defensa.

Tema 8. Os tributos: concepto, natureza e clases. A Lei xeral tributaria: estrutura. Disposicións xerais do ordenamento tributario: principios xerais; especial referencia aos contidos na Constitución. Normas tributarias.

Tema 9. A Axencia Tributaria de Galicia. Disposicións xerais sobre os tributos: a relación xurídico-tributaria. As obrigas tributarias. Obrigas e deberes da Administración tributaria.

Tema 10. Os obrigados tributarios: dereitos e garantías; clases. A capacidade de obrar na orde tributaria. O domicilio fiscal.

Tema 11. Elementos de cuantificación da obriga tributaria. A débeda tributaria: disposicións xerais; formas de extinción.

Tema 12. Garantías. A aplicación dos tributos: principios xerais. Normas comúns sobre actuacións e procedementos tributarios.

Tema 13. Actuacións e procedemento de xestión tributaria: disposicións xerais. Os procedementos de xestión tributaria.

Tema 14. Actuacións e procedemento de inspección: disposicións xerais. O procedemento de inspección; iniciación, desenvolvemento e terminación.

Tema 15. Actuacións e procedemento de recadación: disposicións xerais. O procedemento de constrinximento; iniciación, desenvolvemento e terminación. Procedemento fronte a responsables e sucesores. Organización recadatoria da Xunta da Galicia.

Tema 16. A potestade sancionadora na orde tributaria: principios. Disposicións xerais. Clasificación das infraccións e sancións tributarias. O procedemento sancionador tributario.

Tema 17. Revisión de actos tributarios en vía administrativa: normas comúns. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: disposicións xerais; os órganos; especial referencia aos órganos da Xunta de Galicia.

Tema 18. Reclamacións económico-administrativas: os interesados, capacidade, lexitimación, representación e dirección técnica. Actos impugnables. Extensión da competencia do órgano revisor. Requisitos das actuacións. Suspensión dos actos impugnados.

Tema 19. Procedemento xeral económico-administrativo: o procedemento en única ou primeira instancia. Recursos. O procedemento abreviado.

Segunda parte.

Tema 20. O imposto sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Feito impoñible. Base impoñible. Ganancias e diminucións patrimoniais. Período impositivo. Débeda tributaria: base líquida, cota e débeda tributaria.

Tema 21. Imposto sobre sociedades. Concepto e natureza. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Feito impoñible. Base impoñible. Período impositivo. A débeda tributaria.

Tema 22. O imposto sobre o patrimonio: concepto e natureza. Feito impoñible. Suxeitos pasivos. Base impoñible. Débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 23. Imposto sobre sucesións e doazóns. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e responsable do imposto. Base impoñible: regras nos diferentes supostos. Base liquidable. Débeda tributaria.

Tema 24. Imposto sobre sucesións e doazóns (continuación). Normas especiais sobre certos bens e dereitos. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 25. Imposto sobre o valor engadido. Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e devindicación do imposto. Tipo impositivo. Sistema de deducións e devolucións. Réximes especiais. Normas básicas sobre a xestión do imposto.

Tema 26. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Natureza. Normas xerais. Normas sobre transmisións patrimoniais.

Tema 27. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (continuación). Normas sobre operacións societarias. Normas sobre actos xurídicos documentados. Xestión do imposto.

Tema 28. O financiamento das comunidades autónomas. A Lei orgánica de financiamento das comunidades autónomas: principios xerais. O Consello de Política Fiscal e Financeira. Recursos das comunidades autónomas. Asignacións do Fondo de Compensación Interterritorial e dos fondos comunitarios.

Tema 29. A potestade tributaria das comunidades autónomas. Os seus límites. Tributos cedidos polo Estado; especial referencia ás competencias normativas e de xestión asumibles polas comunidades autónomas. Participación nos tributos estatais non cedidos.

Tema 30. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

Tema 31. Facendas locais: os seus recursos. Tributos: normas xerais. Imposición e ordenación. Os impostos municipais sobre bens inmobles e actividades económicas. Referencia a outros impostos municipais.

Tema 32. O Tribunal de Contas; funcións. O Consello de Contas de Galicia: composición e organización. Competencias e funcións. Procedementos.

Dereito penal.

Tema 1. Concepto do dereito penal. Fontes do dereito penal. O Código penal: estrutura. Aplicación das normas penais no tempo e no espazo. Interpretación das normas penais.

Tema 2. Teoría xeral do delito. Concepto de delito no Código penal español. Os seus elementos. Acción, tipicidade, antixuridicidade, culpabilidade e punibilidade.

Tema 3. Circunstancias que eximen de responsabilidade criminal. Exame das circunstancias atenuantes, agravantes e mixtas no Código penal.

Tema 4. Vida do delito. A excepcionalidade na punición da provocación, proposición e conspiración. Tentativa de delito. O delito consumado.

Tema 5. O suxeito activo do delito. Autores e cómplices. A responsabilidade penal das persoas xurídicas. O encubrimento.

Tema 6. Formas de aparición do delito. O delito continuado. O delito masa. Concurso de delitos: concurso real e concurso ideal. Concurso de leis.

Tema 7. Teoría xeral da pena. Clases de penas. Regras de aplicación das penas. As medidas de seguridade.

Tema 8. A extinción da responsabilidade criminal. A responsabilidade civil derivada da responsabilidade criminal; especial referencia á responsabilidade civil subsidiaria das administracións públicas. As custas procesuais. Outras consecuencias accesorias da responsabilidade criminal.

Tema 9. Parte especial do dereito penal. Aspectos fundamentais dos delitos contra a vida e a integridade física e moral; especial referencia á violencia de xénero. Aspectos fundamentais dos delitos contra a liberdade, a liberdade sexual, contra a honra e a intimidade. Omisión do deber de socorro.

Tema 10. Os delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica. Breve referencia ao furto, o roubo, a extorsión e as usurpacións. As defraudacións e os danos. Insolvencias punibles e delitos societarios.

Tema 11. Os delitos contra os dereitos dos traballadores. Os delitos contra a ordenación do territorio. Protección penal do patrimonio histórico. Os delitos contra os recursos naturais e o ambiente.

Tema 12. O delito de incendio. As falsidades. Delitos contra a Administración de xustiza.

Tema 13. Delitos contra a Administración pública (I). Concepto de autoridade e funcionario público para efectos penais. Prevaricación. Abandono do destino e do deber de perseguir certos delitos. Desobediencia e denegación de auxilio. Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos.

Tema 14. Delitos contra a Administración pública (II). Suborno. Malversación. Tráfico de influencias. Fraudes e exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios e abusos no exercicio da súa función.

Tema 15. Delitos contra a facenda pública e contra a Seguridade Social. O delito fiscal e a fraude de subvencións.

Tema 16. As leis penais especiais. As relacións entre a xurisdición penal e a potestade sancionadora da Administración; en especial, o principio non bis in idem.

ANEXO II

Don/Dona..................., con domicilio en..., con DNI/pasaporte..., declara baixo xuramento ou promete, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, que non se atopa inhabilitado/a ou en situación equivalente nin foi sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de…, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

En (país e localidade)..., ... de... de 2016