Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16718

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 20 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a dar publicidade da Resolución do 19 de abril de 2016 pola que se convoca o procedemento extraordinario de mobilidade interna voluntaria para o persoal estatutario fixo e con destino consolidado, de diversas categorías sanitarias, que após a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro fose obxecto de reasignación no ámbito de atención especializada.

De conformidade co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, con base nos criterios reitores aprobados na Mesa Sectorial de Sanidade pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais con representación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde o día 29 de decembro de 2009, así como no Acordo de bases acadado coa Comisión de Centro de Atención Especializada do 16 de marzo de 2016, e en uso das atribucións conferidas por Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, o xerente de Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria do procedemento extraordinario de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo e con destino consolidado nas categorías de enfermeira/o e técnicas/os en coidados auxiliares de enfermaría (ou asimiladas) con destino no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e que após a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro teñan sido obxecto de reasignación.

Segundo. As bases íntegras da citada convocatoria e demais resolucións estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, así como na intranet da EOXI de Vigo (http://intranetxxiv/Paginas/Inicio.aspx).

Terceiro. A solicitude de participación no procedemento extraordinario de mobilidade interna voluntaria así como o modelo de elección de postos solicitados, deberán presentarse nos rexistros dos centros integrantes da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. O prazo de presentación será de 20 días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ao da data de publicación do presente anuncio nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 20 de abril de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo