Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16557

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

EXTRACTO da Resolución do 18 de marzo de 2016 pola que se convocan para o ano 2016 as subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

BDNS (Identif.): 304933.

De conformidade co previsto nos artigo 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Segundo. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbanas da área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago para a anualidade 2016.

2. Estas subvencións están destinadas a financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e que conten coa correspondente resolución de cualificación definitiva.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras das subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbanas da ARI dos Camiños de Santiago están aprobadas pola Orde do 22 de decembro de 2015, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publicada no Diario Oficial de Galicia número 246, do 28 de decembro.

Cuarto. Importe

1. Estas subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación 08.80.451A.780.5 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016, por importe de 2.700.000 €.

2. A contía máxima das axudas non poderá exceder o 35 % do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva e cun importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e terminará co esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 30 de novembro de 2016.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda