Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20332

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Josefina Montegudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das prácticas tuteladas dos/as alumnos/as do grao en Nutrición Humana e Diétetica

Sen achega económica

9.11.2015

Prórroga ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e o Concello de Carballeda de Valdeorras sobre utilización da sala de fisioterapia do concello

Sen achega económica

24.11.2015

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Dorzan para prestar o servizo de axuda a domicilio

Sen achega económica

15.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazéneca para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

18.12.2015

Acordo de prórroga e actualización para o ano 2016 do Convenio de colaboración asinado o 21.11.2002, entre o Servizo Galego de Saúde e a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface), o Instituto Social das Forzas Armadas (Isfas) e a Mutualidade Xeral Xudicial (Muxexu), para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios os mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada coas ditas mutualidades

Sen achega económica

21.12.2015

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Roche Farma, S.A. para o deseño e implantación dunha plataforma piloto de consolidación de información para modelos personalizados de financiamento de medicamentos no ámbito asistencial

Sen achega económica

21.12.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica na residencia de maiores Sar Quavitae Matogrande

Sen achega económica

22.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Almirall, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

28.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Astellas para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

28.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Lilly, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora do paciente

Sen achega económica

28.12.2015

Addenda ao convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Sanofi para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

28.12.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica na residencia de maiores Castro de Ribeiras de Lea

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica na residencia de maiores Concepción Arenal

Sen achega económica

30.12.2015

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Valdegodos

Sen achega económica

1.1.2016

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Chiesi España, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

13.1.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ambilamp, para implantar mecanismos que faciliten a recollida selectiva de residuos de lámpadas na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras á cal pertencen: o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Hospital de Piñor, Hospital Santa Mª Nai, Hospital Materno Infantil e Hospital Cristal), o Hospital de Verín e o Hospital Comarcal de Valdeorras

Sen achega económica

13.1.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Alcer Pontevedra, para o acceso ao aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Sen achega económica

16.1.2016

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia para a toma de mostras de sangue para a detección de alcohol e/ou drogas nos centros do Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

22.1.2016

Acordo de colaboración para o establecemento dunha rede integrada de laboratorios de interese en saúde pública da Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

4.2.2016

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Escola Superior de Enfermaría Dr. José Timoteo Montalvo Machado (Chaves) para a realización de prácticas de estudantes de enfermaría nos centros sanitarios da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Sen achega económica

12.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

148.502,00 €

16.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais Aspaneps para a realización do Programa de atención á saúde mental infantoxuvenil na área de Ferrol

141.169,00 €

16.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

175.383,00 €

16.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Exalcohólicos de Ferrolterra para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

95.485,00 €

16.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención e rehabilitación de drogodependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do Programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

819.558,00 €

16.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Salamanca para a realización de prácticas externas

Sen achega económica

19.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas do alumnado do máster en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados

Sen achega económica

19.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña (Aclad) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.450.614,00 €

24.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.291.763,00 €

24.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

544.926,00 €

24.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores

62.177,00 €

25.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares/coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente, e colaboración na formación continua dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados a Consellería de Política Social

18.182,00 €

25.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio aos enfermos mentais e aos seus familiares e do programa Coidamos de ti

81.852,00 €

25.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Itinera, Voluntarios en Saúde Mental para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva

15.227,00 €

25.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e investigación dos Trastornos da Personalidade para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

34.324,00 €

25.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

803.840,00 €

29.2.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consorcio Oncolóxico de Galicia co fin de poñer á disposición do consorcio diverso equipamento tecnolóxico

Sen achega económica

2.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no contorno sanitario

10.607,00 €

4.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia Farga para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores

22.392,00 €

4.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas, no contorno sanitario

28.028,00 €

4.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento de programas de atención integral ao médico enfermo (Paime)

38.891,00 €

4.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

42.428,00 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

24.184,00 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

24.184,00 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

133.280,00 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. (Programa Itinere)

91.927,00 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

14.143,00 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

20.488,00 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

6.000,00 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación exalcohólicos Luis Miguel Morás da Coruña para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

170.073,00 €

11.3.2016

Addenda ao convenio de colaboración subscrito o día 14 de marzo de 2014 entre o INSS e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións conxuntas en relación cos traballadores afectos de patoloxías derivadas da utilización laboral do amianto

Sen achega económica

11.3.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Melide para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Melide

Sen achega económica

14.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, o Servizo Galego de Saúde, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Ourense para o financiamento e execución da urbanización dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

10.890,00 €

15.3.2016

Convenio de colaboración para a consulta de traballo social na unidade de enfermidade renal crónica avanzada entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Alcer A Coruña

Sen achega económica

18.3.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Delegación Galega da Mutualidade de Previsión Social de futbolistas españois a prima fixa, para a prestación de determinados servizos sanitarios de urxencias aos mutualistas adsxritos a Federación Galega de Fútbol

Sen achega económica

21.3.2016

Acordo de prórroga dun ano entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a C.A. de Galicia para fixar as condición da adquisición de vacinas da gripe

Sen achega económica

29.3.2016

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde para a promoción do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo na docencia clínica do grao de Medicina

59.629,68 € (plurianual)

12.4.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto de Saúde Carlos III para a realización en Galicia dun estudo sobre epidemioloxía molecular da infección por VIH

46.510 € (bianual)

12.4.2016

Protocolo de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Euskadi e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de innovación sanitaria

Sen achega económica

20.4.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o desenvolvemento das actuacións previstas para a dotación dun novo edificio para a Facultade de Medicina e Odontoloxía

60.500,00 €

27.4.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

19.400,00 €

29.4.2016