Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20877

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2016

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Forcarei ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

12.1.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento da Conferencia anual sobre sustentabilidade fiscal e demais actividades realizadas pola Rede de Investigadores sobre financiamento autonómico e descentralización fiscal en España (RIFDE).

20.000 €

15.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Agrupación de Asesorías de Empresas (Grupo ADADE) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

1.3.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Cee ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

2.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Federación Galega de Institucións para síndrome de Down Galicia para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

7.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga plena inclusión Galicia), para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

7.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Boiro en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello da Pobra do Caramiñal en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e Asesorlex, Asociación Profesional de Asesorías de Pymes, para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

12.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Nacional de Tramitadores Administrativos e Profesionais (ANTAP) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

12.4.2016