Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44097

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) no segundo cuadrimestre do ano 2016 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no segundo cuadrimestre do ano 2016

Convenio

Importe achegado pola AGI (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Federación Galega de Ciclismo para o desenvolvemento de actuacións de fomento da seguridade viaria para ciclistas

12.000,00

18.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello do Bolo para o acondicionamento de diversos camiños municipais

48.331,68

24.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de San Cibrao das Viñas para a ampliación da iluminación pública no acceso ao polígono industrial

40.224,12

1.6.2016

Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Tráfico e a Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión, control e uso compartido de infraestruturas para a mellora da seguridade viaria

Sen achega económica

1.6.2016

Convenio entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia para a posta en servizo do acceso ao porto exterior da Coruña (AC-15) e a súa conexión coa autoestrada autonómica A Coruña-Carballo (AG-55)

Sen achega económica

6.6.2016

Convenio da Universidade da Coruña coa Axencia Galega de Infraestruturas para a realización de prácticas externas extracurriculares do estudantado da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Sen achega económica

27.6.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Cañiza para a urbanización da rúa Vilanova (PO-406), entre os p.q. 0+000 e 0+170, na Cañiza

190.023,98

22.7.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Pantón para a execución de beirarrúas entre o núcleo principal do concello e o cruce de Sober (LU-P-5901)

229.069,72

26.7.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Arteixo para o acondicionamento do contorno da pasarela sobre a AC-551 en Seixedo, Vilarrodís-Arteixo.

125.000,00

29.7.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cervo para a mellora da vía municipal rúa Galdín, en San Cibrao (Cervo)

659.977,21

2.8.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello das Nogais para o reforzo do firme do camiño municipal desde a N-VI a Castelo

57.434,00

2.8.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Bóveda para o acondicionamento do camiño local desde o enlace de Bóveda da vía de altas prestacións CG-2.2 ata a estrada de Bóveda a Ribas Pequenas

60.468,82

2.8.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ourense para a execución da obra de iluminación da pasarela peonil de Oira

59.915,22

5.8.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Bande para a urbanización da travesía da OU-540

171.138,66

19.8.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Miño para a reorganización e humanización de vías no centro urbano de Miño

225.249,05

17.8.2016