Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de setembro de 2016 pola que se notifica o Acordo do 12 de maio de 2016 que fixa o prezo xusto do predio 1099 Co, sito en Oleiros, relativo ao proxecto 01408 (expediente 2015/001410).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula aos herdeiros de Asunción Vecino Cancelo o Acordo de 12 de maio de 2016 que fixa o prezo xusto do predio 1099 Co, sito en Oleiros, relativo ao proxecto 01408, expediente 2015/001410, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01408-Modificado nº 1, treito 2 Vía Ártabra (Vg-1.3). Enlace Meiras-Veigue (Ac-526). Clave: Ac/04/156.01.2-m1.

Nº de expediente: 2015/001410.

Persoa a quen se notifica: herdeiros de Asunción Vecino Cancelo.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiado: herdeiros de Asunción Vecino Cancelo.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio nº: 1099 Co.

Concello: Oleiros.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 1.447,82 €.