Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 8 de setembro de 2016 pola que se notifica o Acordo do 28 de abril de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 3001-m2, sito na Guarda, relativo ao proxecto 01558 (expediente 2015/001248).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Delfina Santiago Rodríguez o Acordo do 28 de abril de 2016, que fixa o prezo xusto do predio 3001-m2, sito na Guarda, relativo ao proxecto 01558, expediente 2015/001248, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01558-Modificado nº 2 Vac Tui (incluído enlace autovía a Portugal)-A Guarda. Treito III: Goián-A Guarda. Clave: Po/03/009.01.3.m2.

Nº de expediente: 2015/001248.

Persoa a quen se notifica: Delfina Santiago Rodríguez.

Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Expropiada: Delfina Santiago Rodríguez.

Beneficiario: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Predio nº: 3001-m2.

Concello: A Guarda.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 6.037,69 €.