Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 3 de outubro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada con relación a unha reclamación de responsabilidade patrimonial.

Con data do 1 de setembro de 2016, a secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda ditou resolución sobre a reclamación de responsabilidade patrimonial, formulada o 3 de maio de 2016 por Juan Carlos Villar Pías, polos presuntos prexuízos que considera derivados do adiamento do seu nomeamento por medio da Orde do 22 de abril de 2015 no proceso selectivo para a integración no subgrupo C1, escala 207H-axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, do persoal funcionario procedente do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais.

Logo de intentar dúas veces a notificación da citada contestación a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo por «caducado», tras dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Juan Carlos Villar Pías a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública