Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato privado de seguro (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos) na anualidade 2016-2017 (expediente 4/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=55656

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos) na anualidade 2016-2017.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 66512100 (servizos de seguros de accidentes).

d) Medios de publicación e datas dos anuncios de licitación: DOUE do 13 de agosto; BOE núm. 202, do 22 de agosto, y DOG núm. 165, do 1 de setembro de 2016.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio do prezo.

4. Orzamento de licitación:

a) Importe total: 1.300.000 € (exento de IVE). A distribución por anualidades especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Valor estimado do contrato: 2.600.000 euros (incluídas as posibles prórrogas).

5. Adxudicación e formalización dos contratos:

a) Data da resolución de deserto: 21 de setembro de 2016.

b) Adxudicataria: non existe.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte