Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 27 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica ao titular dos dereitos mineiros a resolución de execución forzosa subsidiaria das actuacións necesarias para o peche dos labores nas explotacións mineiras Santa Bárbara número 5006 e Santa Bárbara II número 5019, sitas no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, na provincia de Lugo.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Explotación Minera Internacional España (Exminesa), con CIF A28160224, a resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 26 de setembro de 2016 pola que se ordena proceder á execución forzosa subsidiaria por parte da Administración das actuacións necesarias para o peche dos labores nas explotacións mineiras Santa Bárbara núm. 5006 e Santa Bárbara II núm. 5019, sitas no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, provincia de Lugo, que na actualidade se atopa en situación de abandono, para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Comunícaselle que o acordo íntegro está á súa disposición na Subdirección Xeral de Recursos Minerais en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), situada no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5º, 4º andar, en Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas