Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/2403-1).

Expediente: IN407A 2016/2403-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: cambio de sección LMTS EPU-717A zona Maestranza.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Cambio de condutor de liña de media tensión soterrada, a 15 kV, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-717A, no tramo entre o CT Campo da Estrada (expediente 10.567) e o CT Pelamios (expediente 24.671), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, cunha lonxitude de 235 metros e final en cela existente no CT Pelamios (expediente 24.671).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña