Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46892

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Ribeira do Navia, S. Coop. Galega

ANUNCIO de modificación dos estatutos.

A asemblea extraordinaria de Ribeira do Navia, S.C.G. celebrada o 19 de setembro de 2016, con observancia das prevencións legais e estatutarias tanto na súa convocatoria como na celebración e adopción de acordos, e cumprindo os requisitos previstos no artigo 74 da Lei de cooperativas de Galicia, adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

Modificar o artigo número 4 dos estatutos sociais relativo ás actividades económicas da cooperativa, ao cal se lle engaden as seguintes:

– Servizos gandeiros.

– Realización de actividades formativas.

E para que así conste, asino este anuncio en Negueira de Muñiz o 20 de setembro de 2016.

Ingeborg María Rossel
Secretaria

Visto e prace
Isimayo Caloca Torrado
Presidente