Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46888

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2016, da Dirección Técnica, pola que se anuncia a licitación dos servizos de obtención de datos de xenotipado de CNV mediante paneis de SNP de mostras de ADN humano para a posterior análise e diagnóstico por parte desta fundación (expediente AB-FMX1-16-006).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Técnica da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Unidade de Administración.

2º. Domicilio: Hospital Clínico, Edificio Consultas planta menos 2.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 95 14 91.

5º. Telefax: 981 95 14 73.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 15.00 horas do día en que remate o prazo para a presentación das proposicións.

d) Número de expediente: AB-FMX1-16-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de obtención de datos de xenotipado de CNVs mediante paneis de SNPs de mostras de ADN humano para a posterior análise e diagnóstico pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous meses, contados desde a data de formalización do contrato en documento administrativo.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 85111810-1.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver cláusula 7.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 170.506 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe sen IVE: 170.506 euros. Importe total: 206.312,26 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Prazo de presentación: quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 15.00 horas, tanto para as proposicións presentadas no Rexistro da Fundación como para as enviadas por correo.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

2º. Domicilio: Hospital Clínico, Edificio Consultas planta menos 2.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver cláusula 6.1.9 e 6.1.10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: publicarase no perfil de contratante.

b) Localidade e código postal: publicarase no perfil de contratante.

c) Data e hora: apertura sobre B, publicarase no perfil de contratante

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: non.

12. Outras informacións: ver pregos reguladores da contratación.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016

Fernando Domínguez Puente
Director técnico da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica