Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo

ANUNCIO de información pública relativo á expropiación para o proxecto de urbanización do camiño zona norte de Tomonde.

Aprobado inicialmente por Acordo do Pleno do cinco de outubro o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para levar a cabo o proxecto de urbanización do camiño zona norte de Tomonde, de conformidade cos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 201 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para se formularen as alegacións que se consideren pertinentes.

Cerdedo, 7 de outubro de 2016

O alcalde
P.S. (Decreto do 23.8.2016)
S. José Balseiros Guinarte
Concelleiro delegado