Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46886

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do 22 de setembro de 2016 polo que se publica o acordo de ampliación da delegación de competencias do Concello da Pontenova.

A Deputación de Lugo no Pleno que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007 adoptou o acordo polo que aproba a proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, e que foi modificado polos acordos do 28 de outubro de 2008 e do 29 de decembro de 2015.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do 19 de febreiro de 2008, publícanse as citadas bases, así como o alcance e o contido da delegación efectuada, entre outros polo Concello da Pontenova que tamén foron publicadas no Diario Oficial de Galicia número 46, do 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia (en diante, BOP) número 286, do 13 de decembro de 2008 publicase a reforma das citadas bases e a última reforma públicase no BOP número 31, do 8 de febreiro de 2016.

O Concello da Pontenova amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal en sesión plenaria extraordinaria, celebrada o día 30 de maio de 2016, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto 1482, do 19 de xullo de 2016), segundo o teor literal seguinte:

«Primeiro. Aceptar a delegación do Concello da Pontenova, a partir da publicación no BOP e no DOG, que literalmente di:

“ Acordo:

Delegar nesta deputación provincial as competencias en materia de recadación, tanto en período voluntario como en período executivo dos seguintes ingresos de dereito público, todos eles de notificación colectiva mediante padrón:

– Taxa pola prestación do servizo de recollida e eliminación de residuos sólidos urbanos.

– Taxa polo abastecemento domiciliario de auga potable.

– Taxa pola prestación do servizo de rede de sumidoiros.

Remitir certificación do presente acordo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación Provincial de Lugo para o seu coñecemento e demáis efectos.

Unha vez aceptada a delegación por esta deputación provincial, publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para o seu coñecemento.

Facultar o alcalde para a sinatura de toda a documentación que sexa necesaria para a execución deste acordo”.

Segundo. Acordar a publicación da presente delegación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia».

O día 26 de agosto de 2016, no Boletín Oficial da provincia número 196, publicase o contido do acordo do citado concello.

Lugo, 22 de setembro de 2016

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 1357/2016, do 1 de xullo)
Mayra García Bermúdez
Deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda

Manuel Castiñeira Castiñeira
Secretario xeral da Deputación
Provincial de Lugo