Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47671

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 5 de outubro de 2016 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016.

A Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, establece no seu artigo 1 que o financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas 09.41.322A.460.4 e 09.41.322A.481.1, código de proxecto 2015 00524, polos importes de 2.433.000 e 3.005.000 euros, correspondentes a fondos finalistas transferidos. Todos eles figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Esta orde establece que os importes fixados nas aplicacións previstas nela poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia sectorial de asuntos laborais, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Dado que actualmente existen créditos dispoñibles no concepto orzamentario 09.41.322A.460.4 que poden ser utilizados para o financiamento das subvencións para as entidades sen ánimo de lucro con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.322A.481.1 procede publicar esta ampliación de crédito, de acordo co disposto no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total dos créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, na seguinte aplicación orzamentaria e contía:

09.41.322A.481.1 Código de proxecto 2015 00524: 328.875,74 euros.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria