Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a xestión de centros da área de Política Social da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 27/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e implantación dun novo sistema de información dentro da Área de Solucións Sectoriais da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, en particular do sistema de información centralizado e corporativo que soporte os requisitos de xestión e prestación asistencial dos centros dependentes da Xunta de Galicia na área de servizos sociais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 7.3.2016.

DOUE: 4.3.2016.

BOE: 14.3.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.450.000 € (un millón catrocentos cincuenta mil euros).

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 1.450.000 € (un millón catrocentos cincuenta mil euros), máis 304.500 € (trescentos catro mil cincocentos euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.754.500 € (un millón setecentos cincuenta e catro mil cincocentos euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 4.11.2016.

c) Contratista: unión temporal de empresas formada por Tecnologías Plexus, S.L. Everis Spain, S.L.U., con NIF U70501853.

d) Importe de adxudicación: 1.219.377,50 € (un millón douscentos dezanove mil trescentos setenta e sete euros con cincuenta céntimos) (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia