Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, tramitación urxente, documentalmente simplificada e anticipada de gasto, para a contratación de servizos de limpeza en centros dependentes desta xefatura territorial.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación dos contratos que a seguir se relacionan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

4º. Teléfono: 986 81 77 25-986 81 76 47 Fax: 986 81 76 83.

5º. Correo electrónico: xefaturapoliticasocial.vigo@xunta.gal

6º. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.gal

7º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 2 expedientes que a seguir se relacionan.

2. Obxecto dos contratos:

a) Tipo: servizos.

b) División por lotes: non.

c) Admisión de variantes: non.

d) Requisitos específicos do contratista: non.

e) Clasificación empresarial: non se exixe.

f) Solvencia económico-financeira e técnica profesional: son as establecidas nos artigos 75.1.a) e 78.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Descrición de cada un dos expedientes:

I. Expediente nº 53/2016: limpeza na Residencia de Maiores de Marín.

a) Lugar de execución: rúa Ezequiel Massoni, 9, 36900 Marín (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 176.508,00 € (IVE 21 %: 37.066,68 €) total: 213.574,68 €.

c) Prazo de execución: 2 anos (2017 e 2018).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 81.21.10. CPV: 90911200-8 Servizos de limpeza.

II. Expediente nº 54/2016: limpeza no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade.

a) Lugar de execución: barrio de Parada-Chapela, camiño do Gaio, 23, 36320 Redondela (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 166.400,00 € (IVE 21 %: 34.944,00 €) total: 201.344,00 €.

c) Prazo de execución: 2 anos (2017 e 2018).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 81.21.10. CPV: 90911200-8 Servizos de limpeza.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Garantías exixidas: provisional, non. Definitiva, 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

5. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio.

b) Modalidade de presentación: sobres pechados e selados, segundo o establecido no punto 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), en horario de atención ao público.

As propostas tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión, xustificando a data e hora da admisión do envío e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax, telegrama ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das propostas.

6. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha das salas de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, na hora e data que será anunciada con tres días de anticipación, no perfil do contratista.

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

7. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 17 de novembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo