Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación do contrato, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada de gasto, para a subministración de produtos de alimentación básica adaptada para o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo.

Esta Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación do contrato de subministración de produtos de alimentación básica adaptada para o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3º. Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 77 25-986 81 76 47. Fax: 986 81 76 83.

5º. Correo electrónico: xefaturapoliticasocial.vigo@xunta.es

6º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/

7º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expediente: 68/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de alimentación básica adaptada para o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Residencia Vigo-1, rúa Monte Arieiro, s/n, 36214 Vigo; Residencia Vigo-2, estrada Madrid-Ourense, s/n (O Meixoeiro) 36214 Vigo.

e) Prazo de execución/entrega: 2 anos (2017 e 2018).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 15880000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 206.906,74 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto 206.906,74 € (IVE 10 %: 20.690,67 €). Importe total 227.597,41 €.

6. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: artigos 75.1.a) e 77.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sinalados no prego de cláusulas administrativas, folla de especificacións, letras E e F.

b) Outros requisitos específicos: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución.

b) Modalidade de presentación: sobres selados segundo o exixido no prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), en horario de atención ao público.

As propostas poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data e hora de imposición do envío, e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax, telegrama ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío. Se a documentación for presentada en calquera rexistro diferente ao sinalado, a proposta non será admitida a licitación.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses, contados desde a apertura das ofertas económicas.

9. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha das salas de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e data que será anunciada con tres días de antelación, no perfil do contratista.

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 17 de novembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo