Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55970

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan de reforma interior APR PB4-07 Rego dos Pasos Norte.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión que tivo lugar o día 3 de novembro de 2016, acordou a aprobación inicial do Plan de reforma interior APR PB4-07 Rego dos Pasos Norte.

De conformidade co establecido no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais (departamento de Urbanismo), situadas na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Ames, 7 de novembro de 2016

José M. Miñones Conde
Alcalde