Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55971

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de modificación puntual número cinco do Plan xeral de ordenación municipal da Laracha que ten como finalidade a ordenación especial dunha parcela dotacional.

O pleno da corporación, na sesión ordinaria do 25 de novembro de 2016, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número cinco do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Laracha que ten como finalidade a ordenación especial dunha parcela dotacional, alterando de xeito puntual a ordenación retallada do conxunto de dúas parcelas cualificadas de sistema xeral de equipamento co obxectivo de acomodar a futura ampliación do Centro de Saúde, contida no proxecto redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L., e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado, por un prazo máximo de dous anos, que se extinguirá, en todo o caso, coa aprobación definitiva da modificación conforme o artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e expoñer e publicar o resumo executivo da súa delimitación, segundo o disposto no artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Lugar de exposición do expediente: Servizo Municipal de Urbanismo (segundo andar da casa do concello).

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 25 de novembro de 2016

José Manuel López Varela
Alcalde

missing image file