Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310 do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310 do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Belén Prado López.
Domicilio social: A Lagoa, s/n, Rinlo (Ribadeo).
Denominación: LMT, CT e RBT na Lagoa, Rinlo.
Situación: concello de Ribadeo.
Características técnicas:
1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 60 m, con orixe no apoio existente nº 3 da LMT 20 kV Ribadeo 1, condutor tipo LA-56 e final no apoio metálico proxectado nº 1 fin de liña CTI.
2. Centro de transformación intemperie sobre apoio metálico proxectado, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20 kV/400-230 V.
3. Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 280 m, con orixe no CT proxectado, condutor tipo RZ, sobre 6 apoios tipo HV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 11 de xullo de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo