Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións da contratación mediante procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, para a subministración de equipamento electromédico e mobiliario clínico con destino ao Servizo de Rehabilitación do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (expediente AB-SER2-17-006; 6 lotes).

En relación coa convocatoria publicada no DOG número 138, do 20 de xullo de 2017, pola que se publicou a contratación non suxeita a regulación harmonizada polo Servizo Galego de Saúde de subministración de equipamento electromédico e mobiliario clínico, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplía ata o día 21 de agosto de 2017.

Permanecen inalterados o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos