Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Ángel Pereira Soto.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 225/2017 (procedemento abreviado), interposto por Manuel Ángel Pereira Soto contra a Resolución do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área (DOG núm. 7, do 11 de xaneiro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos