Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Abredo número 5276, na Gudiña e A Mezquita.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas outorgou a David Fernández Grande Investroc, S.L. o permiso de investigación que a seguir se describe:

Nome: Abredo.

Número de expediente: 5276.

Recurso: Sección C.

Termo municipal: A Gudiña e A Mezquita.

Titular: David Fernández Grande Investroc, S.L.

Superficie: 15 cuadrículas mineiras.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 11 de xullo de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense