Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2017 pola que se convoca a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, das obras de reparación e mellora do Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago de Compostela (A Coruña) (expediente 2017_010_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/881 99 60 46.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_010_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de reparación e mellora do Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago de Compostela (A Coruña).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula 2.4. do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura CPV (Vocabulario común de contratos públicos): 45000000-7 Traballos de construción.

3.- Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 6 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: setenta e oito mil novecentos vinte e catro euros con vinte e seis céntimos (78.924,26 €), IVE incluído.

Para levar a cabo estas actuacións terase en conta o indicado na Orde ESS/621/2017, do 20 de xuño, pola que se distribúen territorialmente para o exercicio económico de 2017, para a súa xestión polas comunidades autónomas con competencias asumidas, subvencións do ámbito laboral financiadas con cargo aos orzamentos xerais do Estado, incluíndo aquelas destinadas á execución do Programa de acción conxunto para a mellora da atención ás persoas paradas de longa duración ou a norma que a substitúa.

5. Valor estimado do contrato: sesenta e cinco mil douscentos vinte e seis euros con sesenta e seis céntimos (65.226,66 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe base de licitación, IVE excluído, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver as cláusulas 8.1.1. e) e f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais. No cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos, e cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n; 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixida á Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar; 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2. do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cuantificables mediante xuízos de valor.

Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=184951

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria