Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 6 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2017/080-1).

Expediente: IN407A 2017/080-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CTC Travesa da Poza, nº 12.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, con orixe na LMTS SNT807 entre o CT Travesa da Poza, nº 28 (15CCYF) e o CT Travesa da Poza, nº 2 (15CCYC), condutor tipo RHZ1-2OL. 12/20 kV. 1×240 mm2 AI, e final no CT Travesa da Poza, nº 12 (proxectado).

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 6 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña