Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 6 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2017/106-1).

Expte.: IN407A 2017/106-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CS rúa Gambrinus nº 6 (Estrella Galicia).

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,256 km, coa orixe en empalmes na LMTS GRN-736, no tramo entre a subestación da Grela 2 e o CT San Cristovo (expediente 26.624), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 lV 1×240 mm2 AI, e final no novo CS Estrella Galicia proxectado.

Liña de media tensión soterrada (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,296 km, coa orixe en empalmes na LMTS GRN-735, no tramo entre o CR rúa Newton, nº 15 (expediente 579/07) e o CR Ventorrillo (expediente 77/02), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no novo CS Estrella Galicia proxectado (entrada e saída).

Liña de media tensión soterrada (actuación nº 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,008 km, coa orixe en empalme na LMTS GRN-741, no tramo entre a subestación da Grela 2 e o CT Joaquín Planells (15SHV4), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no CT San Cristovo (entrada e saída).

Centro de seccionamento Estrella Galicia, en edificio prefabricado de formigón, con celas modulares con illamento SF6. Desmantelarase o CS compañía existente.

Substitución de celas existentes por celas tipo compactas e con corte en SF6 no centro de transformación en local de obra civil San Cristovo existente, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 6 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña