Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración no expediente de expropiación IN407A 2016/1238-1, no concello de Oleiros.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Recuamento LMT SAD-704, contorno Faro de Mera, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2016/1238-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 24 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1238-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT SAD-704, contorno Faro de Mera.

Concello: Oleiros.

Predio

Lugar

Titular proposto/a

Data de ocupación

1

Trovadores

Descoñecido/a

3.8.2017