Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 13 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de reintegro de cantidades indebidamente percibidas.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a persoa interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.

A resolución obxecto da notificación ditouna o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de Pontevedra, e ten por obxecto o requirimento de reintegro de cantidades indebidamente percibidas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo máximo de dez días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A interesada poderá solicitar unha copia desta resolución mediante comparecencia, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Pontevedra, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 7º andar.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución do procedemento, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución de conformidade co establecido nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015.

Pontevedra, 13 de xullo de 2017

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada: Ana Vaqueiro Rodríguez.

Acto de notificación: resolución de reintegro de cantidades indebidamente percibidas.