Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciadas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

Procedemento: negociado sen publicidade.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: colectores de saneamento en Baltar. Baltar (Ourense).

Número de expediente: OH.332.809.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación da licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 164.789,75 euros. Importe total: 199.395,60 euros.

Data de adxudicación: 19 de xuño de 2017.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 101.972,00 euros. Importe total: 123.386,12 euros.

Data de formalización do contrato: 30 de xuño de 2017.

Contratista: Vipeca, Obras y Servicios, S.L.

b) Descrición: abastecemento de auga ás Estibadas. Cualedro (Ourense).

Número de expediente: OH.232.797.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación da licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 113.647,84 euros. Importe total: 137.513,89 euros.

Data de adxudicación: 19 de xuño de 2017.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 66.165,00 euros. Importe total: 80.059,65 euros.

Data de formalización do contrato: 30 de xuño de 2017.

Contratista: Orvi Infraestructuras, S.L.

c) Descrición: actuacións de saneamento nos concellos integrantes do Consorcio da auga do Louro. Ramal da Arrotea. Salceda de Caselas (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1111.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación da licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 111.129,62 euros. Importe total: 134.466,84 euros.

Data de adxudicación: 19 de xuño de 2017.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 63.810,63 euros. Importe total: 77.210,86 euros.

Data de formalización do contrato: 30 de xuño de 2017.

Contratista: Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na Medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elixible está cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia