Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de xullo 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos (expediente 6/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para desenvolvemento dunha campaña para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura en 2017.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=109594

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE, 14.2.2017; BOE 23.2.2017 e DOG, 3.3.2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 620.000 €; importe IVE (21 %) 130.200 €; importe total 750.200 €.

Valor estimado: 620.000 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), nun 75 % (eixe/medida 5.1.3: medidas de comercialización).

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 29.5.2017.

b) Adxudicataria: Proximia Havas, S.L.

c) Importe neto: 609.666,67 €.

IVE 21 %: 128.030 €.

Importe total: 737.696,67 €.

d) Data de formalización do contrato: 26.6.2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar