Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017023AM-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017023AM-CO incoado a José Antonio Sánchez Lojo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderase consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 18 de xullo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Manuel Porto Porto
Xefe do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2017023AM-CO.

Interesado: José Antonio Sánchez Lojo (Galquim).

DNI/NIF/CIF: 52935851V.

Último enderezo coñecido: Miguel R. Bautista, 12, entrep. B, 15960 Ribeira.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.