Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017093AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017093AL-CO incoado a SG Open 24 Horas, S.L., e de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderase consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 18 de xullo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Manuel Porto Porto
Xefe do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas

ANEXO

Nº de expediente: 2017093AL-CO.

Interesada: SG Open 24 Horas, S.L. (SG Open 24 Horas).

DNI/NIF/CIF: B70282587.

Derradeiro enderezo coñecido: estrada de Castilla, nº 671, 15578 Narón.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.