Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos consistente no deseño e posta en funcionamento do Observatorio da Vivenda de Galicia (expediente IGVS01-17).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: deseño funcional e posterior desenvolvemento do Observatorio da Vivenda de Galicia. Expediente IGVS01-17.

b) Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos mil corenta euros (200.040,00 €), IVE excluído.

b) IVE (21%): corenta e dous mil oito euros con corenta céntimos (42.008,40 €).

c) Importe total: douscentos corenta e dous mil corenta e oito euros con corenta céntimos (242.048,40 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10 de xullo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 12 de xullo de 2017.

c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.

d) Importe de adxudicación: cento sesenta e cinco mil euros (165.000,00 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo