Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de xullo de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00351-O-2017 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador LU-00351-O-2017 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 24 de xullo de 2017

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00351-O-2017

1096-HNL

Roferlo, S.L.

B32004327

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

7.12.2016; 18.56; A-6; 529,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

LU-00689-O-2017

7625-JBM

García Salam Lino Manuel

09388512G

Non levar correctamente suxeitas as placas, paneis ou etiquetas de perigo.

9.3.2017; 17.12; A-6; 529,0

Art. 142.7.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-00695-O-2017

7625-JBM

García Salam Lino Manuel

09388512G

A falta de consignación do símbolo do país no aparello de control.

9.3.2017; 17.12; A-6; 529,0

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

ANEXO