Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 3 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2017/046-1).

Advertido un erro no citado acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 2 de agosto de 2017, na páxina 36570, cómpre facer a seguinte corrección:

Onde di: «Polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, declaración de impacto ambiental e autorización do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2017/046-1)», debe dicir: «Polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2017/046-1)».