Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración no expediente de expropiación IN407A 2016/2411-1, no concello de Teo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Cambio de sección túnel Vilar Francos-Ponte Espiño, no concello de Teo (expediente IN407A 2016/2411-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 2 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/2411-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: cambio de sección túnel Vilar Francos-Ponte Espiño.

Concello: Teo.

Predio

Lugar

Titular proposto/a

Data de ocupación

3

Solláns

María Teresa Cardoso Balado

10.7.2017