Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2017/446-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: avda. de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: CST Cuñas.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: centro de seccionamento e transformación composto por dúas celas de liña, dúas de interruptor automático de baleiro, unha de medida, unha de protección e un transformador a 250 kVA con RT 20 kV/400-230 V. A instalación está situada no lugar de Cuñas, Ponte Caldelas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de xullo de 2017

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Ponte Caldelas; referencia catastral: 36043A01201096; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cuñas; afección: 30,52 m2 de solo para o centro de seccionamento e transformación.