Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso de alzada, ditada no expediente sancionador RA/M/2017/00502 en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a solicitude de acreditación da representación do recurso de alzada formulada contra a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do expediente sancionador RA/M/2017/00502, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este carece dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no cal se recolle que, para interpoñer recursos, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requíreselle para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade, remitíndoo á Consellería de Infraestruturas e Vivenda; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5; 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez (10) días contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

É necesario recordarlle que, de non proceder á corrección do defecto antes mencionado, esta Administración dará cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992 inadmitindo o recurso interposto.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, asino e selo o presente anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Recurso de alzada

Expediente

Empresa

Enderezo

RA/M/2017/00502

XC-04614-O-2014

Excavaciones Velo, S.L.

r/ Barcelona, 3

15100 Carballo (A Coruña)