Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 28 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas no expediente sancionador RA/M/2017/00215 e dous máis.

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores RA/M/2017/00215 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificantes de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditada ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Vivenda

anexo

Expediente

Nº de recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución
do recurso

OU-00366-O-2014

RA/M/2017/00215

9233-DBV

Los Niños del Trini, S.L.

A falta de consignación de datos nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

9.1.2014; 10.52; OU-0514; 1,0

Artigo 140.22 da LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00647-O-2014

RA/M/2017/00383

8718-HRP

Nivecotrans, S.L.

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpran algunha das condicións do artigo 102.2 LOTT.

29.1.2014; 18.50; OU-114; 20,0

Artigo 140.1 da LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-01431-O-2014

RA/M/2017/00388

4402-HBB

Arrascis, S.C.C.L.

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

24.6.2014; 11.24; A-52; 202,0

Artigo 140.37.4 da LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta