Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2017/19-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.

Enderezo social: rúa Coruña, nº 20, baixo, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: CD San Roque.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

Liña de media tensión:

– LMT aerosubterránea, a 20 kV de 90 m en aéreo con condutor RHVS-12/20 kV 3×(1×95 mm2) con orixe e remate nos apoios existentes; e 80 m en subterráneo con condutor RHZ1-12/20 kV 3×95 mm2 con orixe no PAS existente e remate no CD San Roque proxectado.

CD San Roque:

– Instalación de 3 celas en SF6 motorizadas telecontroladas con función entrada-saída de enerxía, instalación dunha cela de liña en SF6 con función saída de enerxía.

Reforma CT existente:

– Instalación cela de liña en SF6 con función entrada de enerxía.

– Instalación cela de protección con función protección fransformador existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 3 de agosto de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense