Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rábade (expediente IN407A 2017/24-2, 8492 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Alller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMTS e CS Gal. Agrícola (Pol. Sigalsa-Rábade).

Situación: concello de Rábade.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 18 m, con orixe no CS Gal. Agrícola, condutor tipo RHZ1 baixo canalización con 2 tubos de 160 mm e un de 63 mm de diámetro, e final conversión apoio existente HV 14-400 LMTA TC Clesa.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 13 m, con orixe no CS Gal. Agrícola, condutor tipo RHZ1, e final no CT Gal. Agrícola. Proxéctase desprazar o condutor RHZ1 95 da liña soterrada existente, retirando da conversión existente e instalando na nova canalización proxectada, ata o centro de seccionamento proxectado, desmontando o tramo sobrante.

3. Liña de media tensión enterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 52 m, con orixe no centro de seccionamento proxectado, condutor tipo RHZ1, e final no CS Matadoiro.

4. Desprazar o condutor da liña de media tensión soterrada CS Sariego-CS Matadoiro existente, desde a arqueta C e o CS Matadoiro, quitando as puntas desde último e conectando no CS proxectado.

5. Centro de seccionamento en edificio prefabricado de superficie, con 2 celas de liña e 2 de protección de tipo modulares.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días contado a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 16 de agosto de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1.b) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo