Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación, non suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, do servizo relativo á atención ao alumnado en réxime de internamento e outros servizos auxiliares na residencia do Centro Superior de Hostelaría de Galicia (CSHG), integrado nesta axencia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 15 de setembro de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: atención ao alumnado en réxime de internamento e outros servizos auxiliares que se prestarán no edificio de residencia do Centro Superior de Hostelaría de Galicia, cuxa actividade principal é o aloxamento dos alumnos matriculados no centro en réxime de internamento.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Como unidade de cálculo terase en conta o prezo por hora de servizo.

Importe sen IVE: 8,64 €.

IVE (21 %): 1,81 €.

Importe total, IVE incluído: 10,45 €.

Importe máximo de contrato: 56.401,92 € (IVE excluído).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 14 de setembro de 2017.

c) Adxudicataria: Combina Social, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Prezo por hora de servizo: 6,92 € (IVE excluído), 8,37 € (IVE incluído).

Importe máximo: 56.401.92 € (IVE excluído), 68.246,32 € (IVE incluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia