Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de uso, mantemento, evolución e soporte das aplicacións informáticas HX, rexistro, comisións, XAPA, XFSE e módulo de consultas do GGP para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (expediente 2017/PA/0036).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de uso, mantemento, evolución e soporte das aplicacións informáticas HX, rexistro, comisións, XAPA, XFSE e módulo de consultas do GGP para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: 4.5.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 208.264,47 euros.

5. Orzamento base de licitación: 69.421,49 euros, máis 14.578,51 euros, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 84.000,00 euros (oitenta e catro mil euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20.7.2017.

b) Data de formalización do contrato: 7.8.2017.

c) Contratista: G64 Comunicación, S.L.

d) Importe de adxudicación: 78.197,46 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia