Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para o asesoramento e asistencia á Dirección Xeral de Mobilidade na implantación e xestión do sistema de transporte público integrado na primeira fase do Plan de transporte público de Galicia (expediente 10/2017 M).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 10/2017 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=170064

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para o asesoramento e asistencia á Dirección Xeral de Mobilidade na implantación e xestión do sistema de transporte público integrado na primeira fase do Plan de transporte público de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 195.300,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 97.650,00 €. Importe total: 118.156,50 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8.9.2017.

b) Data de formalización do contrato: 18.9.2017.

c) Adxudicataria: Iplan Movilidad, S.L.

d) Importe da adxudicación. Importe neto: 84.467,25 €. Importe total con IVE: 102.205,37 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 4.12.2015; DOG núm. 236, do 11 de decembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda